InicioSociedadeUn estudante da UVigo entre os gañadores do concurso de divulgación científica...

Un estudante da UVigo entre os gañadores do concurso de divulgación científica ‘#HiloTesis’ de CRUE

O obxectivo deste certame é promover o desenvolvemento de habilidades de comunicación e divulgación científica dos investigadores e investigadoras das universidades españolas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Tres estudantes da Autónoma de Madrid (UAM), a Universidade Castela-A Mancha (UCLM) e a Universidade de Vigo (UVigo) foron os gañadores da terceira edición do concurso de divulgación científica ‘A túa Tese Doutoral nun Fío de Twitter: #HiloTesis’, organizado por Crue Universidades Españolas, en colaboración coa Rede de Divulgación e Cultura Científica (RedDivulga) da sectorial Crue I+D+i.

O obxectivo deste certame é promover o desenvolvemento de habilidades de comunicación e divulgación científica dos investigadores e investigadoras das universidades españolas. Así, cada un dos premiados recibirá un recoñecemento de 1.000 euros, grazas ao financiamento achegado pola Fundación Larramendi.

O primeiro dos fíos galardoados corresponde a Vanesa Sanz Llorens (@VaneSanzLlo), de UVigo, pola súa #hilotesis sobre como converter o lixo en gasolina. Mentres, Tamara Esquivel Martín (@esquivel_uam), da UAM, foi premiada por dar a coñecer nesta rede social o seu traballo sobre a brecha que, ao seu xuízo, “existe entre investigación educativa e praxe docente real nas aulas de Bioloxía de ESO e Bacharelato”. Así mesmo, recibiu o recoñecemento do xurado José Javier Paulet González (@paulet_jav19240), da UCLM, polo seu fío sobre computación cuántica aplicada a problemas de procura.

Nesta ocasión, o xurado decidiu recoñecer cunha mención especial as teses doutorais de Ronny Steveen Anangonó Tutasig, da Universidade de Oviedo; Pablo Álvarez Santos, da Universidade de Navarra; Patricia López Gómez, da Universitat Politècnica de Catalunya, e Adrián Mateo-Orcajada, da Universidade Católica San Antonio de Murcia.

Nesta terceira edición rexistráronse e publicado 384 fíos de 47 universidades asociadas a CRUE, entre o 1 e o 7 de maio, mentres que na anterior concursaron 317 doctorandos e doctorandas.

ÚLTIMAS

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...

Un accidente na Ponte de Rande provoca retencións na AP-9

Un accidente na ponte de Rande provoca retencións na autoestrada AP-9 en dirección Pontevedra,...

Prohibida a pesca do choco nas rías de Vigo e Pontevedra durante máis de tres meses

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este xoves as resolucións da Consellería do...

PP e BNG de Vigo acusan que se impediu aos feirantes acdeder ao Concello e o goberno local négao

Os grupos municipais do PP e o BNG criticaron este xoves que se impediu...