InicioPolíticaAbel Caballero insiste no resultado "catastrófico" de Tapias: "Debería consultar con Corina...

Abel Caballero insiste no resultado “catastrófico” de Tapias: “Debería consultar con Corina Porro”

O candidato socialista reitera que foi "o alcalde máis votado das grandes cidades de España"

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo e candidato á reelección, Abel Caballero, volveu a facer balance este xoves do resultado da xornada electoral e insistiu en que o PP cultivou na cidade uns resultados “catastróficos”, á vez que recomendou á candidata do PP, Marta Fernández-Tapias, que consulte coa exalcaldesa, Corina Porro “como se fan unhas eleccións”, dado que Porro chegou a alcanzar un 44 % dos sufraxios.

Nunhas declaracións remitidas aos medios, antes da reunión da executiva local do PSdeG en Vigo, Abel Caballero reiterou que Fernández-Tapias logrou “o segundo peor resultado do PP na historia democrática da cidade” (5 concelleiros e un 18,6 % dos votos), e volveu a insistir que, con resultados similares, a súa antecesora, Elena Muñoz, “tivo o xesto político de recoñecer que fora unha terrible derrota e abandonou a política”.

En 2007, a candidata popular, Corina Porro, logrou un 44 % dos votos, aínda que non puido gobernar ao quedar a un edil da maioría absoluta. “Eu creo que a señora Fernández Tapias debería consultar coa señora Porro, porque a señora Porro no ano 2007 tivo 44 % do voto e debería consultar coa señora Porro como se fan eleccións porque a señora Porro superou en 26 puntos o resultado da señora Fernández Tapias”, aseverou.

Ademais, Caballero tamén destacou que o resultado obtido polos ‘populares’ o pasado domingo foi “o peor” das sete grandes cidades de Galicia, e o terceiro peor de todos os resultados do PP en municipios da provincia de Ponteveda. “De que se alegra? De que se alegra o Partido Popular de Vigo se tivo un resultado catastrófico?“, cuestionou o candidato socialista, que tamén fixo a comparación cos resultados do PP noutros concellos de España.

“NERVIOS” NAS FILAS SOCIALISTAS

Marta Fernández-Tapias respondeu a Caballero reiterando que os resultados do 28 de maio “desataron os nervios nas filas do PSOE”, e a eses nervios atribuíu os “ataques” de Abel Caballero ou do secretario provincial do PSdeG, David Regades.

A candidata do PP volveu a afirmar que Caballero está a recibir “presións internas” tras a perda de 20.000 votos, a perda da Deputación e a próxima saída da presidencia da FEMP. No caso de Regades, sinalou que a Zona Franca, da que é delegado, será o “seguinte paso no cambio de ciclo”.

Para Fernández Tapias, “a caída dos socialistas desatou a guerra interna” e Abel Caballero “é sinalado como o principal responsable” porque fixo campaña en municipios da comarca, como Mos, Redondela e O Porriño, “no canto de centrarse na súa cidade para manter os votos”.

ÚLTIMAS

Detido un home tras acceder ao Hospital Povisa armado cun coitelo

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo procederon este luns á detención dun...

O trastaravó do Papa León XIV era do Porriño

O cóengo-arquiveiro da Catedral de Tui, Avelino Bouzón, publicou unhas pescudas nas que confirma...

O BNG de Vigo propón converter a antiga estación de buses nun centro sociocultural e aparcadoiro público

O grupo municipal do BNG de Vigo presentou este luns unha proposta para transformar...

O Sergas nega o colapso das Urxencias en Vigo e asegura que a atención está garantida

O Sergas saíu ao paso das denuncias do persoal e do alcalde de Vigo...