InicioPolíticaRueda compara a Caballero con Sánchez e móstrase optimista co "cambio": "O...

Rueda compara a Caballero con Sánchez e móstrase optimista co “cambio”: “O domingo vai sorprender”

A de Vigo é unha praza difícil para os populares, cun alcalde, o socialista Abel Caballero, con ampla maioría absoluta

PUBLICADO O

- Advertisement -

O presidente do PP galego, Alfonso Rueda, elixiu Vigo como un dos escenarios centrais para pór o broche a unha campaña que desembocará nas eleccións municipais do domingo. E nunha praza difícil para os populares, cun alcalde, o socialista Abel Caballero, con ampla maioría absoluta, Rueda lanzou unha mensaxe “clara”: “o cambio empeza o domingo”, pero para iso o seu partido ten que ter o apoio de quen lle votan “noutras eleccións”.

“Agora máis que nunca está en xogo o futuro de Vigo, de Galicia e España. Iso vótase aquí. A mensaxe é claro: a toda esa xente que nos vota noutras e non nestas hai que dicirlles que estamos preparados para que volvan confiar en nós. Eu o primeiro, como responsable do partido en Galicia”, proclamou durante o mitin da cidade olívica.

Tras a intervención do presidente provincial, Luís López, e antes de que a candidata en Vigo, Marta Fernández-Tapias, subise ao escenario, Rueda admitiu que os populares cometeron “erros”. “Aprendemos? Máis nos vale, e eu creo que si”, esgrimiu un líder popular que ironizou con que en Vigo “xa non se pode facer política nin sendo do PSOE”, en referencia a que agora Caballero “non quere ministros” pola urbe e busca que “non se saiba” que o seu votos “llos vai a apuntar (Pedro) Sánchez”.

De feito, a pesar da “obsesión”, que atribuíu ao alcalde, de tentar “separarse” do presidente do Goberno, Rueda concluíu que “cada véz parécese máis a Sánchez”. No polo oposto, pediu “a confianza” para os populares e ofreceu “apertura” fronte a “cerrazón”. “Quero o Vigo que vén, que a cidade se encha de aire fresco. O domingo empeza o cambio. O domingo vai a soprender. Hai candidata e ilusión. Pódese cambiar”, proclamou.

“VÓTASE BOTAR Aos DO ‘CASO CUÑADA’ DA DEPUTACIÓN”

Previamente, López incidiu en que a “mirada” estará posta tamén na xornada electoral en Vigo polo que respecta á Deputación, e apelou a ir ás urnas para “cambiar un goberno sectario e manchado polo enchufe de Carmela Silva (presidenta da institución principal)”, que identificou como “o caso de corrupción máis grave de Galicia do últimos cinco anos”. “Vótase botar aos do ‘caso cuñada’ da Deputación”, apostilou Fernández-Tapias.

A candidata tamén pediu aos seus veciños “a oportunidade” de demostrar que o PP está “á altura”. Ofreceu a vitoria do “optimismo” e do “si” fronte a un alcalde que se debate entre “a negación” e o “personalismo”. “Pasa do non, non, non ao eu, eu, eu”, advertiu.

ÚLTIMAS

Detidos tres homes polo violento asalto a un nonaxenario en Coruxo

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo detiveron a 3 homes como supostos...

Detido tras ser sorprendido roubando no interior de varios vehículos

A Policía Local de Vigo detivo nas últimas horas a un home de 40...

Detectan vermes de mosquito tigre en Mos

A Consellería de Sanidade de Galicia informou este mércores da detección de vermes de...

Axentes da Policía Nacional salvan a vida a unha muller que se desvaneceu na rúa en Vigo

A rápida intervención de dous axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo permitiu...