InicioCulturaVigo acolle un seminario da Real Fábrica de Tapices sobre Conservación e...

Vigo acolle un seminario da Real Fábrica de Tapices sobre Conservación e Restauración de Patrimonio Téxtil

O seminario será presentado polo director da Real Fábrica de Tapices, Alejandro Klecker, que explicará a orixe, a evolución e os principais personaxes da Historia da Real Fábrica de Tapices (RFT).

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo acollerá o próximo 7 de xuño o Seminario sobre Conservación e Restauración do Patrimonio Téxtil de Irmandades e Confrarías promovido pola Real Fábrica de Tapices, un evento que terá lugar a partir das 18,30 horas e que conta coa cooperación do Concello olívico.

O seminario será presentado polo director da Real Fábrica de Tapices, Alejandro Klecker, que explicará a orixe, a evolución e os principais personaxes que configuraron a Historia da Real Fábrica de Tapices (RFT). A continuación, a directora de Restauración da RFT, Verónica García, abordará o proceso de conservación e restauración de téxtiles históricos.

Na xornada tamén participará Almudena López, especialista en Tinguiduras da institución, que destacará a importancia da tinción e a avaliación da cor nos procesos de restauración téxtil. Tamén revelará as claves do proceso de tinción na Real Fábrica de Tapices onde sustentabilidade, reversibilidad e respecto pola peza orixinal son cuestións fundamentais.

ÚLTIMAS

Vigo defende e loita pola súa sanidade pública

Miles de persoas manifestáronse este mércores polas rúas de Vigo para esixir a "reconstrución"...

A Xunta concerta un programa terapéutico para menores vulnerables en Vigo por 230.000 euros

A Consellería de Política Social e Igualdade convocou un concerto social, dotado cun máximo...

Acampada pola Vivenda de Vigo destaca a boa acollida da veciñanza: “traen comida e outros materiais”

A Acampada pola Vivenda de Vigo mantense na Praza de Compostela da cidade e,...

Cargos de Vox critican o “acoso” que sofren e van á Acampada de Vigo a buscar bulla

Vox denunciou este mércores os "episodios de violencia" que tiveron que sufrir nos últimos...