InicioSociedadeUXT volve denunciar a falta de suficientes residencias públicas de maiores na...

UXT volve denunciar a falta de suficientes residencias públicas de maiores na área de Vigo

O sindicato advertiu de que esta situación supón para as traballadoras (a maioría mulleres) ter que desenvolver o seu labor "con medo e angustia"

PUBLICADO O

- Advertisement -

Representantes de UXT concentráronse este martes ante a delegación territorial da Xunta en Vigo para denunciar novamente a falta de suficientes residencias públicas de maiores na comarca. O sindicato lembrou que a escaseza de prazas deste servizo é un problema que vén arrastrando desde fai máis dunha década pero, nos últimos anos, “esta situación agravouse dunha maneira insustentable, cunhas listas de espera interminables e que afecta especialmente as persoas que carecen de recursos, ou que os seus ingresos non chegan aos 1.000 ? ao mes”.

Estas persoas e as súas familias quedan “nunha situación de auténtico desamparo” porque “é imposible” que poidan pagarse unha praza nunha residencia privada. Respecto diso, o sindicato lembrou que na comarca de Vigo hai máis de 97.000 persoas maiores de 65 anos, das que unhas 70.000 están no concello olívico. “O goberno galego leva máis de 10 anos sen facer ningún tipo de investimento nas residencias públicas de Vigo, tanto na reforma das xa existentes, como na construción de novas residencias públicas”, denunciou UXT.

Na cidade hai tres residencias de xestión pública e unha pública con xestión privada, que suman pouco máis de 600 prazas, algunhas das cales están a ser ocupadas por persoas derivadas desde o Sergas con problemas de saúde mental ou de consumos tóxicos, cando estas persoas “deberían estar en centros especializados”. Así mesmo, advertiron de que esta situación supón para as traballadoras (a maioría mulleres) ter que desenvolver o seu labor “con medo e angustia”.

ÚLTIMAS

Xulgan en Vigo unha muller acusada de estafar 6.800 euros cun falso aviso dun “fillo en apuros”

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebrará o...

A RAG abre en Vigo a Semana das Letras Galegas coa proxección dun documental sobre Begoña Caamaño

A Real Academia Galega (RAG) abre este luns en Vigo, cidade natal da homenaxeada...

Caballero acusa á Xunta de querer devaluar ás Illas Cíes por non defender que sexan Patrimonio da Humanidade

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acusou este venres á Xunta de pretender "devaluar"...