InicioSucesosEmotiva despedida a José Luís González, o mergullador falecido este sábado na...

Emotiva despedida a José Luís González, o mergullador falecido este sábado na ría de Vigo

O falecido foi vicepresidente de Fegas e campión do mundo de Fotografía Submarina.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Federación Galega de Actividades Subacuáticas (Fegas) chora o falecemento de José Luís González, o mergullador que perdeu a vida este sábado na ría de Vigo mentres realizaba actividades de mergullo fronte á costa do municipio pontevedrés de Moaña.

O falecido foi vicepresidente de Fegas e campión do mundo de Fotografía Submarina. Como un “gran divulgador”, así o lembran os seus compañeiros da Federación, que destacan que era considerado “un dos mellores fotógrafos submarinos do mundo”.

Nacido en 1952 en Oviedo, estudou Enxeñaría e foi perito na fábrica de Citroën de Vigo, director da semana do cinema submarino de Vigo, así como vicepresidente de Fegas.

Ademais, a entidade destacou as súas participacións e logros en distintas competicións: Campión de España de Fotosub en 1993, e 1997 en 1990, 1991, 1997; BG/BBC Wildlife en 1999, 2000, 2001. Dúas medallas de prata no Campionato do Mundo de Fotosub (Corea do Sur) en 1994; unha medalla de prata no VII-Cto. mundo de Fotosub (Noruega) en 1998; ou o campionato do mundo no IX Campionato Mundial de Fotografía Submarina (Marsella) en 2002.

Así, a Federación transmitiu de parte de toda a comunidade galega de actividades subacuáticas a súa máis sentido pésame pola súa perda e agradeceu a José Luís González “o seu legado”.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...