InicioCulturaConclúe a 20ª Edición do Festival de Cans este sábado despois de...

Conclúe a 20ª Edición do Festival de Cans este sábado despois de cinco días de actividades

O certame celebra a súa última xornada tras cinco días de festival, cunha asistencia de máis dun centenar de cineastas e a celebración de medio centenar de actividades entre as que se incluíron estreas e actuacións musicais.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O consellerio de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, visitou este sábado o Festival de Cans, no Porriño, onde felicitou á organización pola celebración do seu 20º aniversario.

O certame celebra a súa última xornada tras cinco días de festival, cunha asistencia de máis dun centenar de cineastas e a celebración de medio centenar de actividades entre as que se incluíron estreas e actuacións musicais.

O conselleiro agradeceu o traballo dos organizadores do festival por manter vivo un festival “icónico” que serve de “escaparate” para a creación audiovisual galega e desexoulles, “canto menos, outros 20 anos de historia”.

“O de Cans é, sen dúbida, un dos eventos culturais e lúdicos máis singulares de Galicia, capaz de involucrar cada ano a profesionais, público, administracións e aos propios veciños para manter viva unha marca única”, remarcou.

Lembran ademais que o Festival de Cans repite en 2023 como un dos 11 certames apoiados pola Xunta mediante a convocatoria de subvencións para festivais do sector, dentro da que conseguiu, por terceiro ano consecutivo, a máxima puntuación outorgada pola comisión independente que avalía os proxectos.

Estas axudas, dotadas este ano con 225.000 euros, son unha das principais vías a través das que a Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades canaliza o apoio á organización de festivais audiovisuais. O certame pechará a súa vixésima edición coa entrega de premios que levará a cabo este sábado ás 23,00 horas.

ÚLTIMAS

Caballero insiste sobre a AP-9: “Toda a autoestrada ten que ser gratis”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, celebrou este mércores a sentenza do Tribunal Supremo...

O TS condena a Audasa a abonar as peaxes cobradas aos coches sinestrados durante as obras na ponte de Rande

O Tribunal Supremo condenou a Audasa, concesionaria da autoestrada AP-9, a abonar parte das...

Condenan por intrusismo a un falso médico que traballou nas Urxencias do Álvaro Cunqueiro, en Adeslas e Fátima

Pablo Alborés Cabaniña, coñecido en Vigo por ser o primeiro director da Fundación Porto...

Zona Franca de Vigo adxudica a construción da planta de semiconductores fotónicos

O Comité Executivo da Zona Franca de Vigo acordou este martes a adxudicación, por...