InicioCulturaVigo acollerá o martes o Concerto das Letras, que homenaxeará a Fernández...

Vigo acollerá o martes o Concerto das Letras, que homenaxeará a Fernández del Riego

Aínda quedan entradas dispoñibles, que se poden retirar de forma gratuíta en Ataquilla.com

PUBLICADO O

- Advertisement -

Vigo acollerá o vindeiro martes a 13ª edición do Concerto das Letras Galegas, unha proposta do Consello da Cultura Galega (CCG) como “apertura festiva” para o Día das Letras Galegas, que este ano protagoniza Francisco Fernández del Riego.

O concerto celebrarase no Teatro Afundación Vigo, ás 20,30 horas. A Real Filharmonía de Galicia, dirixida por Maximino Zumalave, e o Coro de Cámara Rías Baixas, interpretarán un programa que vira ao redor da figura homenaxeada.

No programa destacan a estrea de Sinfonietta, peza en tres movementos elaborada expresamente para a ocasión por Brais González Pérez (Vigo, 1987) a partir de textos de Salvador García Bodaño e Xaime Illa Couto, así como ‘A miña burriña’, peza moi querida porFernández da Rega. Sinalan que aínda quedan entradas dispoñibles, que se poden retirar de forma gratuíta en Ataquilla.com.

O programa do Concerto das Letras Galegas percorre musicalmente a biografía do homenaxeado nesta edición. Arrinca cunha peza moi especial para a tradición viguesa, ‘A lenda do bico’ de Reveriano Soutullo Otero (Ponteareas, 1880 – Madrid, 1932), que foi a músicade apertura da programación de Radio Vigo durante anos.

A continuación interpretarase ‘Concerto grosso’, escrito en homenaxe a Bach por Jesús Bal e Gai (Lugo, 1905 – Madrid, 1993), “nunha clara conexión entre o papel de Del Riego e o que se estaba escoitando naquel momento”. A terceira peza será ‘Sinfonnieta’.

O CONCERTO

Tal e como apuntan no comunicado, esta é a segunda vez que o Concerto das Letras Galegas recala en Vigo, cidade onde en 2021 celebrouse a homenaxe a Xela Arias da man de Laura LaMontagne e PicoAmperio.

A proposta arrincou en 2011 en Santiago de Compostela, nunha edición en que se recuperaba a figura de Lois Pereiro. Repetiu alí en 2013 con Roberto Vidal Bolaño e en 2019 con Antonio Fraguas.

En Pontevedra celebráronse tres edicións: a primeira en 2012 para lembrar a Valentín Paz-Andrade, a segunda en 2015 en homenaxe a Filgueira Valverde e a última en 2018 con María Vitoria Moreno.

O concerto tivo lugar en Lugo en 2014 cunha proposta sobre Díaz Castro e os poetas lucenses, mentres que na Coruña tivo lugar en 2016 o que honraba a Manuel María e en Ourense en 2017 coa figura de Carlos Casares.

Estaba previsto que a décima edición celebrásese en Ferrol, pero por mor da pandemia, acabou emitíndose en directo por streaming desde o Auditorio de Santiago. A edición de 2021 tivo lugar no Teatro Loureiro Olmo do Barco de Valdeorras, con Florencio Delgado Gurriarán como protagonista.

ÚLTIMAS

Consternación e pesar polo falecemento dun corredor de Nigrán no Trail dos Indios en Boiro

Miguel Álvarez Quiroga, un membro destacado da comunidade do deporte de montaña en Galicia,...

Sindicato CSIF esixe revisar o caso da canguesa desaparecida no oceanofráfico ‘García del Cid’ hai un ano

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF) solicitou ao Consello Superior de Investigacións...

A Xunta creará un centro de acollida de mulleres vítimas de violencia de xénero con problemas de adicción no Porriño

O presidente do Goberno galego, Alfonso Rueda, anunciou a autorización, por parte do Consello da...

Detido tras tentar atracar unha farmacia na Avenida da Florida e mostrar unha nota manuscrita aos empregados con ameazas de morte

A Policía Local de Vigo confirmou a detención dun home de 41 anos de idade, J.R.L.G.,...