InicioEconomíaPeinador supera xa o tráfico da prepandemia

Peinador supera xa o tráfico da prepandemia

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os aeroportos de Vigo e Santiago de Compostela aumentaron o seu número de viaxeiros en abril respecto ao mesmo mes de 2019, mentres que o aeródromo da Coruña aínda non alcanzou niveis prepandemia.

Segundo datos publicados este venres por Aena ,en Vigo contabilizáronse 98.756 pasaxeiros en abril, un 12,2% máis que en 2019, mentres que o número de operacións subiu un 33,2%, ata 1.265. Con todo, o aeroporto de Peinador non recuperou os niveis de mercadoría de antes da pandemia, con 35 toneladas, un 73,1% das que se moveron en abril de 2019.

No primeiro cuadrimestre deste ano, o aeroporto olívico moveu 334.067 persoas, un 5,7% máis que antes da pandemia, con 4.769 operacións, un 32,7% máis. A carga foi de 161 toneladas, cunha recuperación da 87,6% fronte ao mesmo período de 2019.

O aeroporto de Rosalía de Castro de Lavacolla rexistrou en abril 311.142 pasaxeiros, o que supón un 22,8% máis que en 2019 e un 6,3% máis que en maio de 2022. Con todo, o aeroporto da Coruña foi o único dos galegos que aínda non alcanzou os niveis previos á pandemia, con 105.310 viaxeiros en abril, un 94,2% dos rexistrados no mesmo mes de 2019.

ÚLTIMAS

A escritora viguesa An Alfaya, Premio Laxeiro 2026

O padroado da Fundación Laxeiro decidiu outorgar o Premio Laxeiro 2026 á escritora viguesa...

Investigan a morte dun home nunha nave abandonada en Vigo

A Policía Nacional abriu unha investigación para esclarecer as circunstancias da morte dun home,...

Vigo rozará o “cheo total” polo aceso do Nadal, segundo Caballero

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou que a ocupación hoteleira para esta fin...

A CIG denuncia que os buses de Vigo circulan con horarios “imposibles”

A sección sindical da CIG en Vitrasa, a concesionaria do transporte público de Vigo,...