InicioMedio Ambiente e PatrimonioCaballero acusa a PP de intentar evitar a retirada do vello emisario...

Caballero acusa a PP de intentar evitar a retirada do vello emisario de Samil

A Xunta aclara que non ten competencias na zona e que o Concello debe dirixirse ao servizo provincial de Costas

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, denunciou este mércores que existen “instrucións directas” por parte do presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e “da candidata do PP” á alcaldía, Marta Fernández-Tapias, para que non se poida retirar o antigo emisario que desemboca nun dos extremos da praia de Samil.

Segundo explicou o rexedor nunhas declaracións remitidas aos medios, ese antigo emisario forma parte do anterior sistema de depuración e o Concello pretende eliminalo. Así, asegurou o rexedor, o 21 de decembro do pasado ano pediuse autorización para esa obra a Augas de Galicia, e o 8 de febreiro deste ano fíxose a mesma solicitude á Autoridade Portuaria de Vigo.

“A día de hoxe non contestaron, nin o Porto nin Augas de Galicia. Son os responsables de que ese emisario non se retirase. Están á contra“, proclamou o alcalde de Vigo. Respecto diso, Abel Caballero incidiu en que o Porto da cidade está “sen presidente, absolutamente descabezado” e, sobre Augas de Galicia, advertiu: “Xa sabemos como fai”.

RESPOSTA DA XUNTA

En resposta a esas acusacións, a Xunta de Galicia replicou ao alcalde lembrándolle que “a administración competente para autorizar a actuación municipal é o Goberno central”, a través do seu servizo provincial de Costas en Pontevedra, dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica.

“En ningún caso o organismo Augas de Galicia ten competencia sobre a zona na que está prevista a actuación, xa que se trata dunha xestión de dominio público marítimo-terrestre, polo que o Concello deberá dirixirse á administración competente“, apuntaron fontes autonómicas.

ÚLTIMAS

(Vídeo) O día que ‘Stranger Things’ abriu un burato en Vigo… que non se pecha

En Vigo pasan cousas raras no Nadal, todo o mundo o sabe. Non raras...

Detidas dúas mulleres en Redondela tras ser interceptadas nun coche roubado

Axentes da Policía Local de Redondela e da Policía Nacional detiveron a pasada madrugada...

SOS Sanidade Pública sinala ao Álvaro Cunqueiro como a “zona cero” dos recortes

A plataforma SOS Sanidade Pública de Vigo animou este venres a participar na manifestación...

O BNG esixe suspender a nova licitación do bus en Vigo para evitar unha “hipoteca” de nove anos

O Pleno do Concello de Vigo debaterá o vindeiro luns unha moción do BNG...