InicioSociedadeDeteñen dous homes por senllos roubos con forza en dúas igrexas da...

Deteñen dous homes por senllos roubos con forza en dúas igrexas da cidade

Os dous detidos roubaran varios obxectos e sacros e diferentes aparellos tecnolóxicos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo detiveron a dous homes como presuntos autores de senllos roubos con forza cometidos nas sancristías de dúas igrexas da cidade, de onde levaron varios obxectos.

Segundo informaron fontes policiais, o pasado mes de marzo denunciouse o roubo nunha sancristía dunha igrexa do barrio de Teis. Tal e como explicou o párroco, deuse conta de que unha das portas da sancristía, desde onde se accede ao altar, estaba forzada e aberta.

O interior da estancia atopábase revolto, coas portas e caixóns dos mobles abertos. O párroco botaba en falta varios obxectos sacros, como un copón, cáliz e un incensario, ademais de micrófonos inalámbricos e outros aparellos tecnolóxicos.

A investigación permitiu identificar aos dous supostos autores do roubo, a quen tamén se lle atribúe outro roubo con forza noutra igrexa da cidade, de onde subtraeron varios obxectos. Un dos detidos escondía no seu domicilio parte do botín substraído e que o párroco de recoñeceu, polo que lle foron devoltos.

ÚLTIMAS

O PP de Vigo esixe a dimisión de Patricia Rodríguez polo “caos” na Policía Local e a frota coa ITV caducada

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, denunciou o "desgoberno" e o "caos...

Detido un home por tentar cravarlle un coitelo ao seu compañeiro de piso

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 51 anos de...

Sanidade inspecciona o servizo de Dermatoloxía de Povisa tras as denuncias por falta de especialistas

A Consellería de Sanidade realizou unha visita de inspección ao servizo de Dermatoloxía do...

A meteoroloxía obriga a desviar tres voos con destino Peinador

Tres voos que tiñan previsto aterrar no aeroporto de Peinador, en Vigo, foron desviados...