InicioSociedadeInvestigan a unha docente e 3 exalumnas que acusaron de acoso sexual...

Investigan a unha docente e 3 exalumnas que acusaron de acoso sexual a un profesor da ESAD

As comparecencias produciranse os próximos 19 e 20 de xuño.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O xulgado de instrución número 6 de Vigo abriu dilixencias e citou a declarar como investigadas a unha profesora e tres exalumnas que apuntaron a un profesor da Escola de Arte Dramática de Galicia (ESAD) como presunto autor de acoso sexual, un caso que foi arquivado e non chegou a xuízo. Agora, este profesor presentou denuncia por un suposto delito de denuncia falsa.

O xulgado de instrución, á vista das probas presentadas, sinala que os feitos “fan presumir a posible existencia dun delito de denuncia falsa” imputado a estas catro persoas, ás que cita para declarar como investigadas. As comparecencias produciranse os próximos 19 e 20 de xuño.

En 2020 presentáronse denuncias por parte de varias alumnas contra tres profesores da Escola de Arte Dramática, que está situada en Vigo, por presunto acoso sexual e abuso de poder. Durante o proceso de investigación xudicial,  hai un ano e medio, os denuciados foron suspendidos da docencia.

Na Escola celebráronse varios actos de repulsa e colocáronse carteis para censurar os supostos abusos e apoiar ás denunciantes. En maio do ano pasado, a Audiencia arquivou a causa sen que chegase a xuízo, e os profesores reincorporáronse á Escola, aínda que sen dar clase.

Pese ao arquivo, en xuño de 2022, un grupo de profesores/as e alumnos/as concentráronse na ESAD para insistir no seu apoio ás mozas que denunciaran, e para reafirmar a súa posición de que a Escola debe ser un espazo “libre de violencias machistas”.

ÚLTIMAS

O BNG e o Concello de Vigo cruzan críticas pola “inacción” ante o prezo da vivenda

O grupo municipal do BNG criticou este luns a "inacción" da Xunta e do...

Caballero presume dun 90 % de ocupación en Vigo polo Nadal e carga contra os “antiVigo”: “Desgústalles que nos vaia ben”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cifrou no 90 % o nivel de ocupación...

Un home enfróntase a sete anos de prisión acusado de vender droga no bar que rexentaba en Baiona

Un home sentará este martes no banco dos acusados na sección quinta da Audiencia...

Luz Casal actuará en Vigo no Teatro Afundación en febreiro de 2026 dentro da súa nova xira

A cantante Luz Casal ofrecerá un concerto no Teatro Afundación de Vigo o vindeiro...