InicioEconomíaAsinado un convenio entre Mindtech e Abanca para impulsar a feira industrial

Asinado un convenio entre Mindtech e Abanca para impulsar a feira industrial

O convenio busca que a feira sexa un lugar de encontro para o sector.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O director xeral de Mindtech, Enrique Mallón, e o director de Negocio Institucional de Abanca en Galicia, España Norte e Portugal, Liño Comesaña, asinaron este mércores un convenio de colaboración co obxectivo de impulsar a feira industrial como “referente” e “punto de encontro” do sector.

Tal como informaron nun comunicado, ambas as entidades renovaron así o seu compromiso para esta terceira edición do evento, que se celebrará no Instituto Feiral de Vigo (Ifevi) entre os días 20 e 22 de xuño.

O acordo busca potenciar a consolidación da feira, reforzando o seu posicionamento como “eixo intercontinental do negocio industrial do polo ibérico”, pola súa capacidade dinamizadora para atraer negocio de valor engadido ao conxunto de Galicia e servir de escaparate para o sector.

“Estamos ante un escaparate sen precedente para mostrar ao mundo todo o que o noso sector pode ofrecer. Estamos a traballar intensamente para facer desta edición un fito histórico, duplicando o número de expositores e visitantes nun encontro que naceu da propia industria e para a industria”, indicou Mallón.

Pola súa banda, Comesaña destacou a “relevancia e gran repercusión internacional” de Mindtech como “punto de encontro, coñecemento, innovación e negocio” da industrial do metal e as súas tecnoloxías asociadas.

“Queremos ser un aliado financeiro de referencia para este polo estratéxico para a economía galega, que vive un momento clave na súa transformación, con proxectos cun gran potencial innovador e empresas cada vez máis internacionalizadas”, subliñou o directivo de Abanca.

Máis de 250 expositores e 9.000 visitantes prevese que acudan este ano á feira, onde máis da metade dos expositores serán de fóra de Galicia e haberá ata 10 delegacións internacionais de países que queren facer negocio na Comunidade “como porta de entrada a Europa”.

ÚLTIMAS

Vigo aproba un orzamento récord de máis de 365 millóns e conxela taxas e impostos

A xunta de goberno local de Vigo aprobou este martes "o orzamento máis elevado...

A rebaixa fiscal da Xunta. Dos 96 millóns anunciados aos 5 euros efectivos por fogar. Canto aforrará realmente unha familia galega?

A baixada do IRPF anunciada esta semana pola Xunta en plena precampaña electoral terá...

Stellantis parará dous días a produción do Peugeot 2008 en Vigo por falta de pezas

A fábrica de Vigo do grupo automobilístico Stellantis volverá deter a produción a finais...

O PP de Vigo reivindica a aposta da Xunta pola recuperación da ETEA, con 11,7 millóns nas contas de 2027

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, reivindicou este martes a aposta da...