InicioSociedadeA Xunta recibe 9 ofertas de empresas para executar a 2ª fase...

A Xunta recibe 9 ofertas de empresas para executar a 2ª fase das obras na Avenida de Galicia de Vigo

Comezarán as obras o próximo outono, e o prazo de execución dos traballos é de 14 meses

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta de Galicia recibiu 9 ofertas de empresas que optan a executar a segunda fase das obras de humanización da Avenida de Galicia, no barrio vigués de Teis, e que levarán a cabo no tramo comprendido entre o IES e o límite co municipio de Redondela.

Segundo informou a administración autonómica, estas obras suporán un investimento de algo máis de 4 millóns de euros para actuacións nun tramo de máis de quilómetro e medio, coas que se busca mellorar a seguridade viaria, priorizando aos peóns nunha estrada de titularidade galega e que é unha das vías de entrada á cidade.

Así, reporase o pavimento, executaranse zonas de aparcadoiro (tres novas zonas cun total de 167 prazas, que se unirán ás prazas que se conserven na marxe da estrada) e pasos peonís sobreelevados, e instalarase arboledo onde haxa espazo dispoñible.

Por outra banda, etranquearase o saínte dunha vivenda no número 293 para igualalo coa vivenda contigua, e valorarase a expropiación do terreo e de parte da vivenda a demoler, e incluirase nas obras a reconstrución do resto do inmoble. A todo iso sumarase o reforzo da semaforización no acceso ao CEIP San Salvador e a mellora dos semáforos no cruzamento entre a Avenida de Galicia e a Baixada á Rotea.

A previsión da Xunta é comezar as obras o próximo outono, e o prazo de execución dos traballos é de 14 meses. As obras enmárcanse no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno, financiado con fondos da UE.

ÚLTIMAS

O TSXG dá a razón ao Concello de Vigo no caso do concerto de Guns N’ Roses e evítalle pagar 1,5 millóns á promotora

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) estimou o recurso presentado polo Concello...

Caballero carga contra Rueda polo ‘non’ á Facultade de Medicina en Vigo: “Defende un privilexio feudal”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu arremeter este luns contra o presidente da...

Recollen xa o 75% do aceite de palma vertido no porto de Vigo

O dispositivo de limpeza posto en marcha tras o vertido duns 100.000 litros de...

A Fiscalía pide tres anos de prisión para un home acusado de estafar a unha muller cun falso anuncio de aluguer en Vigo

A Fiscalía solicita tres anos de prisión para un home acusado de estafar a...