InicioEconomíaUn xulgado de Vigo declara sen efecto o acordo do concurso voluntario...

Un xulgado de Vigo declara sen efecto o acordo do concurso voluntario de Maderas Iglesias

Foi por falta de pagamenos dos bancos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Xulgado do Mercantil número 3 de Pontevedra, con sede en Vigo, declarou incumprido o acordo do concurso de acredores voluntario de Maderas Igleias por falta de pagamentos a entidades bancarias. En concreto, a maxistrada estimou integramente a demanda promovida por entidades bancarias contra a empresa polo incumprimento do acordo aprobado en setembro de 2013 dentro do concurso de acredores, ao incumprir o calendario de pagos.

Unha vez asina a resolución, xa que contra ela cabe presentar recurso de apelación, procederase á apertura de oficio de fase de liquidación. “As causas que puidesen determinar o pago resultan irrelevantes para o que agora interesa, sen prexuízo dos eventuais efectos que puidesen determinarse no apartado de cualificación”, indica a xuíza na sentenza.

Ademais, sinala que, neste caso, “ningunha consta que a parte demandada promovese, en tempo e forma, unha proposta de modificación do contrato, ante os seus incumprimentos reiterados, con carácter anterior á solicitude de incumprimento“, nin que acredite “o cumprimento do plan de pago nos termos establecidos no contrato”.

Así, no acordo recollíanse unha serie de pagos anuais ás entidades bancarias que, segundo a sentenza, a compañía non está a cumprir. Por iso, a xuíza recolle que os pagos non realizados superan os 2,5 millóns de euros.

ÚLTIMAS

O temporal complica o tráfico aéreo en Vigo: voos desviados, cancelacións e avións que tiveron que regresar a orixe

O temporal que afecta estes días a Galicia tamén obrigou a cancelar e a...

O BNG de Vigo esixe un “cambio radical” no bus urbano ante a perda de 1,3 millóns de viaxeiros

O BNG de Vigo esixiu un "cambio radical" no modelo de transporte urbano da...

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

Un estafador reincidente enfróntase a seis anos de cárcere por falsos alugueres en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebrou este...