InicioSociedadeA familia de Déborah Fernández traslada ao xulgado o seu "malestar e...

A familia de Déborah Fernández traslada ao xulgado o seu “malestar e incredulidade” polo curso da instrución

Denuncia os problemas que o este corpo está pondo á investigación.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A familia de Déborah Fernández-Cervera, a moza viguesa que apareceu morta nunha cuneta do Rosal en maio de 2002, presentou, por medio do seu equipo legal, unha serie de alegacións por determinadas actuacións levadas a cabo na instrución da causa, coas que trasladaron o seu “malestar e incredulidade“.

Así, con respecto aos oficios policiais nos que o Grupo de Homicidios responde o xulgado que non pode achegar nova información sobre a acta de recollida do disco duro da moza ou sobre a análise do seu correo electrónico, a familia conclúe que só se pode facer dúas lecturas: ou ben a Policía está “a tomar o pelo a todos os actuantes”, ou ben “faltou á verdade” cando dixo que analizara o mail desde o teléfono móbil (algo difícil tendo en conta as características os terminais en 2002).

Por outra banda, solicitaron que se unan como peza de convicción os vestixios enviados pola Policía tras o achado dun cartapacio sobre a causa o pasado mes de setembro, onde se atoparon cintas de vídeo.

“INADMISIBLE”

A familia tamén tachou de “inadmisible” por parte da Policía que non se permita estar presentes aos peritos das partes na dilixencia de análise do móbil para tentar acceder ao seu contido, polo que reclamaron ao xulgado que requira a este Corpo para permitir esa presenza de peritos.

Finalmente, mostraron o seu malestar polo escrito presentado pola defensa do único investigado nesta causa, Pablo P.S.L., exmozo de Déborah (que declarou por primeira vez como imputado case 20 anos despois da aparición do cádaver da moza), no que se opón á declaración do doutor Aitor Curiel.

Este experto elaborou un informe no que determinou que a causa da morte de Déborah Fernández é “homicida” e a súa familia apuntou que, se o investigado nada ten que ver cos feitos, como así proclama, “que interese ten en que non se es

ÚLTIMAS

Un home enfróntase a sete anos de prisión acusado de vender droga no bar que rexentaba en Baiona

Un home sentará este martes no banco dos acusados na sección quinta da Audiencia...

Luz Casal actuará en Vigo no Teatro Afundación en febreiro de 2026 dentro da súa nova xira

A cantante Luz Casal ofrecerá un concerto no Teatro Afundación de Vigo o vindeiro...

Stellantis Vigo prorroga o ERTE para 2026 con división sindical

A dirección da factoría viguesa do grupo automobilístico Stellantis e sindicatos asinaron este venres...

A Policía alerta dunha vaga de ciberestafas con criptomoedas en Vigo e Redondela: vítimas con perdas de ata 2 millóns

A Policía Nacional alertou sobre o aumento de ciberestafas relacionadas co investimento en criptomoedas...