InicioSociedadeRetiran do porto de Vigo unha cría de balea morta tras chocar...

Retiran do porto de Vigo unha cría de balea morta tras chocar contra unha embarcación

Probablemente estaba a migrar coa súa nai

PUBLICADO O

- Advertisement -

Persoal da Xestora de Subproductos de Galicia (GESUGA) retiraron este martes unha cría de balea común que foi localizada morta nas últimas horas nas inmediacións do dique da terminal de Bouzas, no Porto de Vigo.

O exemplar, de algo menos de 9 metros, foi remolcado por un barco de Salvamento Marítimo ata o peirao do Porto Pesqueiro, e na mañá deste luns un gran guindastre izouno e depositou nunha das ramplas de varado.

Ata o lugar desprazáronse efectivos da ONG CEMMA (Coordinadora para o Estudo de Mamímeros Mariños) para a toma de mostras e constataron, pola inspección realizada, que se trata dunha cría de poucos meses, que probablemente estaba a migrar coa súa nai e que debeu falecer tras unha colisión cunha embarcación.

Nestes casos, o animal debe ser trasladado a un xestor de residuos orgánicos autorizado para a súa incineración e así se tramitou con Medio Ambiente, por parte da Autoridade Portuaria de Vigo.

ÚLTIMAS

O xefe da Policía Local de Vigo, novo investigado na causa polo accidente mortal do ‘Saltamontes’

O xefe da Policía Local de Vigo, Alberto Carballo, súmase á lista de persoas...

O temporal complica o tráfico aéreo en Vigo: voos desviados, cancelacións e avións que tiveron que regresar a orixe

O temporal que afecta estes días a Galicia tamén obrigou a cancelar e a...

O BNG de Vigo esixe un “cambio radical” no bus urbano ante a perda de 1,3 millóns de viaxeiros

O BNG de Vigo esixiu un "cambio radical" no modelo de transporte urbano da...

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...