InicioSociedadeO PSOE de Vigo critica que Rueda "se está rindo dos vigueses"...

O PSOE de Vigo critica que Rueda “se está rindo dos vigueses” ao non nomear a un novo presidente do Porto

Vaticinou que, "ao día seguinte" das eleccións municipais do 28 de maio, haberá unha nova "estampida" nas filas do PP a "postos reservados para perdedores" noutras institucións

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Agrupación socialista de Vigo vaticinou que, “ao día seguinte” das eleccións municipais do 28 de maio, haberá unha nova “estampida” nas filas do PP, de persoas que terán o seu destino en “postos reservados para perdedores” noutras institucións fose do Concello.

Así o trasladou a portavoz da Executiva do PSdeG-PSOE de Vigo, Yolanda Aguiar, quen criticou que Alfonso Rueda “se está rindo dos vigueses” ao non nomear a un novo presidente ou presidenta do Porto da cidade, tras o anuncio do cesamento de Vázquez Almuíña, porque lles está “reservando a cadeira de brazos” á candida do PP á Alcaldía, Marta Fernández-Tapias.

A portavoz dos socialistas vigueses constatou que Jesús Vázquez Almuíña renunciou ao seu cargo “por imposición” de Alfonso Rueda, para ser candidato do PP á Alcaldía de Baiona, e sinalou que o organismo portuario ten a presidencia vacante (aínda que a marcha do presidente farase efectiva o 20 de abril).

“A Xunta, nunha utilización espúrea, non vai nomear novo presidente do Porto, porque Rueda está a reservarlle a cadeira de brazos á súa candidata en Vigo. Sabendo que terá un resultado electoral calamitoso, quérea premiar facéndoa presidenta do Porto”, denunciou.

Por iso, trasladou a esixencia do PSOE de Vigo de que se designe un novo responsable portuario “de forma inmediata”, xa que “o porto é unha das principais institucións económicas da cidade e non pode ser obxecto de mercadeo político”.

Segundo engadiu Yolanda Aguiar, Alfonso Rueda e o PPdeG están “a rirse” dos vigueses. “Imos volver a asistir a unha estampida da candidatura do PP ao día seguinte do seu desastre electoral, e farano con destino a postos reservados para perdedores noutras institucións”, sentenciou.

Nos comicios municipais de 2019, a candidatura do PP, encabezada por Elena Muñoz, baixou a representación municipal en Vigo de 7 a 4 concelleiros, e a propia Muñoz presentou a súa dimisión como presidenta local do partido e renunciou á súa acta de edila. Dos primeiros postos da súa lista, renunciaron practicamente todos os candidatos, e o grupo municipal configurouse co número 4, 11, 18 e 20 desa lista.

ÚLTIMAS

Xuízo con tribunal popular para o crime de Coia: o acusado enfróntase a case 22 anos de cárcere por asasinato

O xuízo polo chamado crime de Coia de 2024, que se celebrará con tribunal...

Cardama, avisa: “se Uruguai rompe o contrato das patrulleiras será malo para todo o naval vigués”

O empresario vigués José García Costas, accionista do estaleiro Cardama, advertiu este venres de...

A Xunta nega acoso escolar tras as denuncia no colexio concertado Monterrey: “técnicamente non é”

A familia dunha nena de 5 anos denunciou a falta de actuación do colexio concertado...

Sancionan cinco alumnos do colexio Monterrey en Vigo tras a denuncia da familia dunha nena por suposto acoso

O colexio Monterrey de Vigo abriu cinco "procedementos correctores con sancións" no marco da...