InicioEconomíaNovos paros parciais en Vitrasa por falta de acordo

Novos paros parciais en Vitrasa por falta de acordo

Os traballadores piden ao Concello que non sexa "un mero espectador".

PUBLICADO O

- Advertisement -

Traballadores de Vitrasa, a compañía concesionaria do servizo de transporte urbano do Concello de Vigo, retomou os paros parciais para forzar á empresa a negociar un novo convenio “digno”, xa que o anterior caducou a finais de 2020. Ademais, pediron ao Concello que non sexa “un mero espectador” do conflito.

Precisamente, os empregados comezaron este martes os paros, que continuarán os días 12, 18, 21, 24 e 27 de abril e o 3 e o 5 de maio de 07,00 a 08,30 horas e de 13,30 a 15,00 horas. Neste sentido, a Confederación Intersindical Galega (CIG), que preside o comité de empresa, criticou que a dirección decidise anular a reunión prevista para o xoves 13, “na que se supuña que se lle daría solución a unha serie de puntos propostos pola representación sindical, mostrando unha vez máis o desinterese por solucionar o conflito que prexudica gravemente aos veciños da cidade”.

Así, o sindicado lamentou que Vitrasa “atópase cómodo” cos servizos mínimos impostos polo Concello “xa que con poucos autobuses cheos de xente a rendibilidade é maior”. En consecuencia, instan o Goberno local a iniciar un expediente sancionador “xa que a concesionaria non está a prestar o servizo ao que se comprometeu”.

A CIG tamén considera que o Concello “non pode quedar á marxe e ser un mero espectador” dun conflito que leva dous anos aberto, ao tratarse dunha concesionaria municipal. “Se Vitrasa pretende renovar a prestación do servizo de transporte público ao entender que parte con vantaxe na próxima concesión debe solucionar o conflito laboral existente e recuperar os servizos e frecuencias eliminadas”, sentenciou a organización sindical.

ÚLTIMAS

O temporal complica o tráfico aéreo en Vigo: voos desviados, cancelacións e avións que tiveron que regresar a orixe

O temporal que afecta estes días a Galicia tamén obrigou a cancelar e a...

O BNG de Vigo esixe un “cambio radical” no bus urbano ante a perda de 1,3 millóns de viaxeiros

O BNG de Vigo esixiu un "cambio radical" no modelo de transporte urbano da...

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

Un estafador reincidente enfróntase a seis anos de cárcere por falsos alugueres en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebrou este...