InicioVigo e contornaVigoDeteñen un home en Vigo logo de abanear de maneira violenta e...

Deteñen un home en Vigo logo de abanear de maneira violenta e insultar á súa noiva

Segundo informou a Policía Local, os feitos ocorreron sobre as 13,30 horas, cando foron alertados dun suposto episodio de violencia de xénero en Travesía de Mantelas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un home, J.M.P.G de Vigo e 34 anos de idade, foi detido o pasado xoves na cidade olívica tras supostamente zarandear e insultar á súa noiva.

Segundo informou a Policía Local, os feitos ocorreron sobre as 13,30 horas, cando foron alertados dun suposto episodio de violencia de xénero en Travesía de Mantelas.

Alí, os axentes observaron no patio dunha vivenda a unha muller, de 38 anos, chorando. Ela manifestou discutir co seu noivo e que este se negaba a abandonar a vivenda, chegando a abaneala e insultala.

No domicilio estaba o suposto agresor, que foi detido como presunto autor dun delito de violencia de xénero. A muller tivo que ser atendida por persoal sanitario debido ao estado de ansiedade que presentaba.

ÚLTIMAS

Comisan en Ecuador máis dunha tonelada de cocaína que tiña como destino o porto de Vigo

A Policía Nacional de Ecuador comisou, en Guayaquil, máis dunha tonelada de cocaína nun colector que...

A Garda Civil recolle pistas sobre o atropelo mortal na AP-9 en Teis

A Garda Civil continúa investigando o atropelo mortal a un home de 33 anos ocorrido na...

OPINIÓN.- A vivenda como dereito nun modelo de cultura económica neoliberal

Cando falamos de vivenda habitual, estamos facendo referencia a un dereito fundamental recollido na...

Investigan a unha menor que realizaba prácticas nun turismo coa súa nai e o seu irmán no Porriño (Pontevedra)

A Garda Civil investiga a unha menor que foi identificada o sábado 21 de decembro ao...