InicioEconomíaNova parada parcial de Stellantis Vigo o xoves e o venres por...

Nova parada parcial de Stellantis Vigo o xoves e o venres por falta de pezas

"A consecuencia da falta de aprovisionamentos, suspéndese a actividade do Sistema 1 na quenda de noite do xoves 13 de abril e no tres quendas do venres 14", explica a compañía.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A factoría viguesa do grupo automobilístico Stellantis volverá parar parte da súa produción na noite do xoves, día 13 de abril, e durante o tres quendas do venres 14 por falta de pezas.

En concreto, segundo informou a empresa aos traballadores, será o Sistema 1, onde se producen os Citroën C-Elysée e os Peugeot 301 e 2008, o que pare durante a quenda de noite do xoves e todo o venres.

“Por causa de forza maior, a consecuencia da falta de aprovisionamentos, suspéndese a actividade do Sistema 1 na quenda de noite do xoves 13 de abril e no tres quendas do venres 14”, explica a compañía.

Esta parada únese ás innumerables ocasións que Stellantis Vigo tivo que deter a súa produción no último ano debido aos problemas de subministración que sofre de determinados compoñentes necesarios para os seus vehículos.

ÚLTIMAS

Hosteleiro libanés de Vigo expulsa un grupo de turistas israelís por mal comportamento no seu restaurante

Un hosteleiro libanés que rexenta un restaurante en Vigo expulsou a un grupo de...

Vigo anuncia que inicia os trámites para unha ordenanza sobre vivendas de uso turístico

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Concello iniciou a tramitación dunha...

OPINIÓN.- Unha cidade para quen a fixo grande

O Partido Popular de Vigo vén de propoñer que a antiga estación de autobuses...

Stellantis fai a última porposta para pagar a prima variable cun novo marco regulador

A dirección de Stellantis Vigo trasladou este xoves a sindicatos a súa última proposta...