InicioSucesosDetido nunha zona de copas de Vigo por propinar varias puñadas a...

Detido nunha zona de copas de Vigo por propinar varias puñadas a un mozo, ao que rompeu un dente

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 23 anos de idade, P.E.D.F., como presunto autor dun delito de lesións, tras agredir a outro mozo nunha zona de copas da cidade.

Os feitos ocorreron na madrugada do pasado sábado, cando unha patrulla se atopaba facendo labores de prevención e desaloxando a un grupo de persoas que estaban aglomeradas na primeira Travesía de Santiago de Vigo, causando ruído e molestias.

Cando estaban a realizar ese labor, os axentes foron requiridos por un mozo, que denunciou que outro mozo agredira a un amigo seu na rúa Churruca. A vítima relatou aos policías que outro home lle deu varias puñadas na boca e na mandíbula, e presentaba sangue nun beizo e un dente fracturado.

Os requirentes sinalaron á Policía quen era o sospeitoso que, ao decatarse da súa presenza, deuse á fuga por varias rúas desa zona. Finalmente foi interceptado e identificado. O sospeitoso recoñeceu a agresión, pero xustificouna para defenderse no transcurso dunha pelexa. Os policías detivérono por un suposto delito de lesións.

ÚLTIMAS

A Audiencia desestima o recurso dos comuneiros de Cabral pola propiedade dunha vivenda

A sección sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, desestimou un...

O PSOE de Vigo rexeita debater o cesamento da concelleira de Seguridade pola causa do ‘Saltamontes’

O PSOE de Vigo rexeitou este luns debater no pleno municipal dúas mocións de...

A borrasca Josep provoca a suspensión do transporte de ría en Vigo

As malas condicións meteorolóxicas levaron a suspender o transporte de ría en Vigo, onde...

Caballero reta a Nova York: “En Times Square teñen que aprender do Nadal de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu despregar na nova edición da Feira Internacional...