InicioEconomíaO persoal de H&M de Pontevedra e Vigo, chamado a dúas xornadas...

O persoal de H&M de Pontevedra e Vigo, chamado a dúas xornadas de paro para esixir o cumprimento do convenio

En Vigo haberá unha manifestación desde Vía Norte ata o Museo Marco

PUBLICADO O

- Advertisement -

As traballadoras das tendas de H&M de Vigo e Pontevedra acordaron sumarse aos traballadores de Lugo e convocar folga, aínda que no seu caso serán só dúas xornadas de paro (o 1 e o 8 de abril), e o obxectivo é rexeitar os incumprimentos do convenio colectivo.

Segundo informou o sindicato CIG, en Vigo haberá unha manifestación desde Vía Norte ata o Museo Marco ás 11,00 horas, e en Pontevedra a marcha convocouse unha concentración diante da tenda de Benito Corbal ás 10,00 horas.

A estas dúas xornadas de folga, convocadas polo comité (CIG, CC.OO. e UGT) están chamadas unhas 60 empregadas das dúas tendas de Vigo e da tenda de Pontevedra, para reclamar á empresa que cumpra o convenio colectivo de comercio vario da provincia, xa que “non paga os atrasos salariais nin actualiza os soldos, ademais de non respectar as condicións sociais que establece o acordo”.

A CIG sinalou tamén que a empresa incumpre a cláusula que obriga a manter como máximo un 25 % de contratos parciais, cuestións que xa puxeron en coñecemento da Inspección de Traballo. En Lugo, as traballadoras da tenda H&M do Centro Comercial As Termas acordaron ir á folga os días 3, 4, 5, 6 e 8 de abril pola negativa da empresa a negociar melloras salariais.

ÚLTIMAS

Centos de médicos reclaman en Vigo un estatuto propio: “Non queremos atendervos mal nin con pouco tempo”

Centenares de médicos saíron á rúa este xoves en Vigo para pedir un estatuto...

Ultimato de Caballero á Deputación para a firma do convenio para a piscina de Teis: “Xa non fago paripés”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, expuxo este xoves un ultimato á Deputación de...

‘Gargallada Científica’, científicos da UVigo con alma de divulgadores e corazón de contacontos

Empregar o humor sen renunciar ao rigor, e facelo en galego. Esta é a...

Pontón esixe á Xunta mercar Povisa: “Na sanidade privada non ven pacientes, ven clientes”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, urxiu unha vez máis a compra do...