InicioSociedadeJosé David Zafrilla asume a xerencia do hospital vigués Povisa, do grupo...

José David Zafrilla asume a xerencia do hospital vigués Povisa, do grupo Ribera

O novo xerente, destacou o grupo Ribera, "coñece ben o hospital e a todo o equipo", xa que con anterioridade ocupou a xerencia durante dous anos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O ata agora director de Operacións de Ribeira, José David Zafrilla, volverá á xerencia do hospital vigués Povisa, en substitución de Rafael Cabadas, segundo confirmou o grupo hospitalario.

Así, a conselleira delegada de Ribera, Elisa Tarazona, trasladou este cambio ao comité asesor de Povisa (formado por mandos intermedios do hospital), ao que comunicou que o doutor Cabadas volverá á súa responsabilidade á fronte do servizo de Anestesia e Reanimación.

O novo xerente, destacou o grupo Ribera, “coñece ben o hospital e a todo o equipo”, xa que con anterioridade ocupou a xerencia durante dous anos. Por outra banda, confirmou outro cambio no equipo directivo, o nomeamento de Daniel García Millán como novo director financeiro do hospital, en substitución de Luisa Sánchez, que sae do centro.

Elisa Tarazona deu a benvida ás novas incorporacións e agradeceu o traballo realizado ata agora polo xerente e a directora financeira, a quen desexou “o mellor” nas súas novas etapas profesionais.

ÚLTIMAS

Vigo reorganiza o Entroido polo mal tempo e avisa: “Que treme Río de Janeiro”

O Concello de Vigo actualizou a súa programación de Entroido debido ás condicións meteorolóxicas...

O xefe da Policía Local de Vigo, novo investigado na causa polo accidente mortal do ‘Saltamontes’

O xefe da Policía Local de Vigo, Alberto Carballo, súmase á lista de persoas...

Investigado un veciño de Vigo por malos tratos animais tras localizar a un cabalo con varias feridas

O Equipo de Seprona da Garda Civil de Pontevedra investiga a un home, veciño...

Juan Magán, Taburete, Marlena e Álvaro de Luna únense ao Galicia Fest e reforzan o cartel musical do verán en Vigo

Juan Magán, Álvaro de Luna, Taburete e Marlena son as novas incorporacións confirmadas ao...