InicioPolíticaAs "sospeitas" de Abel Caballero sobre os causantes do vandalismo nos baños...

As “sospeitas” de Abel Caballero sobre os causantes do vandalismo nos baños da ETEA

O rexedor vigués denuncia "vandalismo organizado".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, denunciou este luns os danos que sufriu o baño instalado polo Concello na ETEA, no barrio de Teis, e advertiu de que se trata de “vandalismo organizado”.

Nunha rolda de prensa, o rexedor olívico lembrou que esas instalacións, longamente demandadas polos veciños, levan funcionando unha semana e, nestes escasos 7 días, sufriron danos dúas veces.

Nas dúas ocasións, eses danos producíronse a media mañá, “unha hora estraña”, e a persoa ou persoas que o fan levan “instrumental” para cortar desde a base un cano e unha billa. “É un vandalismo daquela forma, vandalismo organizado”, concluíu.

A saber quen o organiza, quen ten interese en cortar esa billa. Repuxémolo as dúas veces inmediatamente, e se alguén pensa que nos van a parar están equivocados. Saben moi ben a quen me estou dirixindo”, proclamou Caballero que, con todo e pesar das preguntas dos xornalistas, non quere desvelar as súas sospeitas sobre os responsables deses danos.

A colocación dun baño na zona da ETEA foi motivo de enfrontamento entre o alcalde e a asociación de veciños de Teis, e mesmo se produciu un encontrón en xullo do ano pasado entre Caballero e membros desta entidade e veciños do barrio, durante unha visita do alcalde a unhas obras en Porta do Sol. Naquel momento, o rexedor encarouse con quen protestaban, dicíndolles frases como “non valedes” ou “que volo faga Castrillo, que xa se viu o que fixo cando gobernou“.

ÚLTIMAS

Unha empresa inmobiliaria de Baiona sofre a ira do desahucio de Maricarmen en Madrid

Unha empresa inmobiliaria de recente creación con sede en Baiona viuse obrigada a emitir...

Arredor de 200 persoas reciben en Vigo o buque “Kate Tenacity” da Flotilla da Liberdade rumbo a Gaza

Arredor de 200 persoas recibiron este mércores en Vigo o buque "Kate Tenacity" da...

Balaídos terá unha ‘Tribuna Iago Aspas’: Caballero anuncia que levará o nome do xogador e terá unha estatua ao seu carón

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a bancada de Tribuna do estadio...

Vox leva ao xulgado os incidentes nunha mesa informativa en Cangas e estuda accións polo acto frustrado de Santiago

Vox presentou este martes unha denuncia ante a sección de instrución do Xulgado de...