InicioEconomíaTraballadores de Ganomagoga concéntranse ante o Concello para pedir apoio da Corporación

Traballadores de Ganomagoga concéntranse ante o Concello para pedir apoio da Corporación

Hai case 200 traballadores afectados en todas as empresas do grupo

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un centenar de traballadores do grupo Ganomagoga concentrouse este venres fronte ao Concello de Vigo, onde acudiron para entregar un escrito por rexistro e reclamar o apoio da Corporación e a intermediación do goberno local no seu conflito.

O presidente do comité de Talleres Ganomagoga, a maior empresa do grupo, Javier Pérez (CIG), explicou que a compañía lles trasladou a documentación “estritamente necesaria” no marco da negociación do ERE de extinción, pero sinalou que as causas aducidas para pedir o concurso e rescindir os contratos (en total, hai case 200 traballadores afectados en todas as empresas do grupo) “non parecen suficientes para un ERE”, aínda que admitiu que as perdas declaradas con “importantes”.

Así mesmo, cuestionou algúns dos datos achegados por Ganomagoga, como o incremento de gastos de persoal o ano pasado, cifrado pola empresa nun 33 %, cando os soldos subiron “pouco máis do 6 %” e o persoal “é practicamente o mesmo”.

Tamén trasladou as súas reticencias sobre os problemas de carga de traballo, e sinalou que, a principio de ano, “había carteira de pedidos”, pero a empresa asegurou que non conseguiu financiamento para os materiais.

Ganomagoga conta cunha planta en Ponteareas, a de Talleres Ganomagoga, que é a sede principal e que conta con outra sede en Mos; coa división loxística (Ganomagoga Logistics, tamén con sede en Ponteareas); Aplimega, no Porriño; e Cedval, en Vigo. O grupo negocia ERE por separado para cada unha das empresas e, de feito, o luns finaliza o prazo de negociación para Ganomagoga Logistics.

O comité de Talleres Ganomagoga prevé unha nova reunión coa empresa, no marco da negociación do ERE, para o vindeiro xoves e, de momento, descoñecen as condicións nas que se rescindidarán os contratos.

ÚLTIMAS

Novas ramplas para a Gran Vía, entre as rúas Xirona e Tarragona, por 9 millóns

A Xunta de Goberno Local de Vigo deu este venres luz verde á licitación...

Colas quilométricas na AP-9 ao seu paso por Vigo tras rexistrarse un accidente por alcance entre tres coches en Teis

Un accidente por alcance entre tres coches na AP-9 ao seu paso por Vigo...

Ferido un bombeiro tras sufrir un golpe de calor nun incendio dun garaxe de Vigo

Un bombeiro tivo que ser trasladado a un centro hospitalario tras sufrir un golpe...

“Teñen que cooperar e pagar”, Caballero insiste a Xunta e deputación polo Mundial

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, sinalou este venres que xa enviou sendas cartas...