InicioSociedadeAdiantan a tempada de pesca de anguía nas rías de Vigo...

Adiantan a tempada de pesca de anguía nas rías de Vigo e Arousa

As nasas non poderán permanecer no mar os fins de semana a partir das 12,00 horas do sábado

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta de Galicia adiantou a tempada da pesca de anguía nas rías de Vigo e de Arousa, que pasará a desenvolverse entre o 1 de abril e o 30 de setembro de 2023.

Así se recolle nunha resolución publicada pola Consellería do Mar no Diario Oficial de Galicia (DOG) este venres, que modifica o documento publicado un mes antes e que establecía a pesca da anguía nas devanditas rías entre maio e outubro.

A pesar desta variación de datas, o resto da normativa continúa igual, polo que as capturas deben superar a talla mínima. Evitarase a pesca de anguías prateadas e todas as que se capturen deberán ser devoltas ao mar para asegurar a súa reprodución. Igualmente, procurarase baleirar as nasas o máis rápido posible para evitar a mortalidade das capturas accidentais.

O uso de nasas para anguía –lonxitude máxima de 670 milímetros– será en horario exclusivamente diúrno. Mentres, a utilización das nasas butrón –lonxitude máxima de 6 metros– será tanto diúrna como nocturna.

As nasas non se poderán calar nin poderán permanecer no mar os fins de semana a partir das 12,00 horas do sábado, e a embarcación non poderá saír do porto ata as 12,00 horas do luns seguinte.

ÚLTIMAS

Amazon defende as súas condicións laborais no Porriño tras a convocatoria de paros polo comité de empresa

Amazon defendeu este xoves as condicións de traballo do seu centro loxístico do Porriño,...

O Pleno de Vigo aproba os nomeamentos de Medallas e Vigueses Distinguidos entre críticas á “imposición” do goberno local

O Pleno do Concello de Vigo aprobou este xoves as propostas para denominar a...

O PP de Vigo esixe a Abel Caballero que aclare a situación das festas nos barrios e o futuro das atraccións

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, reclamou ao alcalde, Abel Caballero, que...

Aprazado ata abril o xuízo polo alixo de 3.000 quilos de cocaína no buque ‘Simione’

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acordou suspender...