InicioSociedadeO embaixador de Francia en España visita a planta do grupo Stellantis...

O embaixador de Francia en España visita a planta do grupo Stellantis en Vigo

Jean-Michel Casa estivo acompañado polo conselleiro de Asuntos Económicos, Cyril Forget; o cónsul xeral en Bilbao, Yann Batterfort e o cónsul honorario en Vigo, Jean-Baptiste Chassin.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O embaixador de Francia en España, Jean-Michel Casa, visitou na mañá deste xoves a planta que o grupo automobilístico Stellantis ten en Vigo, onde se reuniu co director da factoría, Ignacio Bueno.

Ignacio Bueno explicou ao embaixador os proxectos da planta, a actividade que desenvolve e os retos do futuro. Na súa visita, o embaixador estivo acompañado polo conselleiro de Asuntos Económicos, Cyril Forget; o cónsul xeral en Bilbao, Yann Batterfort; o cónsul honorario en Vigo, Jean-Baptiste Chassin; e outros membros da embaixada.

Tras realizar un percorrido polo taller de Montaxe, o embaixador de Francia en España asinou no libro de honra da empresa.

ÚLTIMAS

O temporal complica o tráfico aéreo en Vigo: voos desviados, cancelacións e avións que tiveron que regresar a orixe

O temporal que afecta estes días a Galicia tamén obrigou a cancelar e a...

O BNG de Vigo esixe un “cambio radical” no bus urbano ante a perda de 1,3 millóns de viaxeiros

O BNG de Vigo esixiu un "cambio radical" no modelo de transporte urbano da...

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

Un estafador reincidente enfróntase a seis anos de cárcere por falsos alugueres en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebrou este...