InicioSociedadeAnimalistas piden información sobre o programa do Concello para a transformación de...

Animalistas piden información sobre o programa do Concello para a transformación de VigoZoo

Neste sentido, solicitan a "máxima transparencia" tras as informacións que apuntan ao posible envelenamento

PUBLICADO O

- Advertisement -

A plataforma ZooXXI, impulsada pola Fundación Franz Weber, avanzou este mércores unha solicitude de información ao Concello de Vigo co obxectivo de coñecer que plan ou documento está a empregarse para a reconversión VigoZoo como centro de lecer, así como o persoal experto que avala ese programa.

Neste sentido, solicitan a “máxima transparencia” tras as informacións que apuntan ao posible envelenamento no interior do recinto dalgúns animais, que apareceron sen vida Así, pediron que se investiguen os feitos para depurar calquera responsabilidade de carácter administrativo, político ou mesmo penal, se fose o caso.

ZooXXI considera grave o feito de que desde o goberno local non se informe “de forma transparente” sobre as baixas no parque e instou a explicar as causas. “Estes incidentes evidencian como os zoos, supostos garantes da conservación, non teñen instalacións adecuadas para protexer aos animais de eventos meteorolóxicos extremos, que cada vez serán máis frecuentes”, reivindicou.

ÚLTIMAS

A falta de visibilidade en Peinador obriga a regresar a Madrid a un avión con destino Vigo

A falta de visibilidade obrigou a regresar a Madrid ao piloto do voo de...

‘Romaría’: Carla Simón viaxa á ría de Vigo para reconstruír o pasado dos seus pais

A cidade de Vigo acolle este martes a preestrea do filme 'Romaría' (a estrea...

A Plataforma fronte á Masificación Turística pide unha moratoria de licenzas para VUT

A Plataforma fronte á Masificación Turística de Vigo e O Morrazo dirixiuse por carta...

O PP de Vigo pide a Caballero que deixe as “ambigüidades” sobre a biblioteca de Teis

O grupo municipal do PP no Concello de Vigo esixiu ao alcalde, Abel Caballero,...