InicioMovementos SociaisFalece o expresidente do Banco de Alimentos de Vigo, Pedro Pereira

Falece o expresidente do Banco de Alimentos de Vigo, Pedro Pereira

Foi en xuño de 2021 cando Iván Martínez o relevou no posto. Precisamente o actual presidente só tivo palabras de agarimo e afecto cara a Pereira, subliñado a súa valía.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Banco de Alimentos de Vigo chora este mércores polo falecemento do seu expresidente Pedro Pereira, vinculado á Fundación desde facía máis de 16 anos. A organización destacou o “compromiso” de Pereira, xa que o seu “liderado e exemplo de entrega” serviron de “referencia” para os actuais voluntarios.

Pedro Pereira asumiu o cargo de presidente do Banco de Alimentos en setembro de 2012, substituíndo ao tamén falecido José Antonio Vieira. El pasou polas tres sedes que tivo a entidade, desde cálea Piñeiro, ata a nave de San Pedro de Sárdoma e a actual en Lavadores.

Foi en xuño de 2021 cando Iván Martínez o relevou no posto. Precisamente o actual presidente só tivo palabras de agarimo e afecto cara a Pereira, subliñado a súa valía.

“El foi quen me ensinou todo sobre os Bancos de Alimentos. Foi un auténtico privilexio poder traballar de xeito conxunto con el”, reivindicou Martínez.

ÚLTIMAS

Vigo humanizará os accesos á ermida da Guía

A xunta de goberno local de Vigo aprobará este venres a humanización dos accesos...

O PP de Vigo esixe a revisión urxente dos danos causados polos temporais na cidade

O PP de Vigo reclamou ao goberno municipal que proceda a revisar "canto antes"...

O ADN dá un xiro ao crime do Porriño: arquivada provisionalmente a causa contra o único investigado polo asasinato de Judith M.G.

As probas de ADN realizadas polo Instituto Nacional de Toxicoloxía no marco da investigación...

Vigo reorganiza o Entroido polo mal tempo e avisa: “Que treme Río de Janeiro”

O Concello de Vigo actualizou a súa programación de Entroido debido ás condicións meteorolóxicas...