InicioEconomíaPeinador reabrirá a partir das 16,00 horas deste martes tras 5 cancelacións...

Peinador reabrirá a partir das 16,00 horas deste martes tras 5 cancelacións e 4 voos desviados

O BNG criticou o "abandono" de Peinador por parte do Goberno central e tachou de "intolerable" que unha focha volvese pechar o aeroporto

PUBLICADO O

- Advertisement -

O aeroporto de Peinador reabrirá a partir das 16,00 horas deste martes despois de que finalizasen as obras de reparación da focha rexistrada na súa pista, segundo informou Aena.

O xestor de infraestruturas aeroportuarias indicou que se prevé que o aeródromo de Vigo estea operativo á primeira hora desta tarde, tras contabilizarse cinco voos cancelados e catro desviados a Santiago, que se operarán desde alí.

Foi o luns sobre as 19,00 horas cando se localizou un dano na pista de Peinador, o que provocou que o aeroporto fose declarado inoperativo, cancelando os voos que debían saír del e desviando os que tiñan Vigo como destino.

REACCIÓNS POLÍTICAS

Precisamente este martes, o BNG criticou o “abandono” de Peinador por parte do Goberno central e tachou de “intolerable” que unha focha volvese pechar o aeroporto olívico, xa que non é a primeira vez que sucede.

O concelleiro nacionalista, Xabier Pérez Igrexas, lembrou que Aena prometeu hai meses o reasfaltado da pista e non se levou a cabo. Ademais, anunciou que o seu partido presentará iniciativas no Congreso para pedir investimentos no aeródromo.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, indicou que este asfaltado global da pista farase “inmediatamente”, segundo o director xeral de Aviación Civil, co que falou esta mañá, o que resolverá estes problemas dos últimos meses.

ÚLTIMAS

Rueda reúnese cos responsables de Conxemar para impulsar o sector da pesca transformada en Galicia

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, celebrou esta semana un encontro na...

Xulgan en Vigo unha muller acusada de estafar 6.800 euros cun falso aviso dun “fillo en apuros”

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebrará o...

A RAG abre en Vigo a Semana das Letras Galegas coa proxección dun documental sobre Begoña Caamaño

A Real Academia Galega (RAG) abre este luns en Vigo, cidade natal da homenaxeada...