InicioSucesosDous detidos tras roubar 3.000 euros nun local de apostas en Teis

Dous detidos tras roubar 3.000 euros nun local de apostas en Teis

Intimidaron aos clientes con coitelos

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela detiveron nas últimas horas a dous homes como supostos autores dun roubo con violencia e intimidación, tras atracar un local de apostas do barrio de Teis.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron na noite deste xoves, cando o 091 recibiu un aviso de que se cometeu un atraco. Ao chegar ao establecemento, a encargada explicou aos axentes que estaba a facer o peche do local acompañada por dous clientes (un deles estaba na porta), cando dous individuos ataviados con roupa escura e perrucas achegáronse con senllos coitelos e intimidaron ao cliente que estaba fóra para que se metese no interior.

Este cliente negouse e iniciouse un forcexo cun dos atracadores, momento que aproveitou o outro sospeitoso para acceder ao establecemento e intimidar á encargada a fin de apoderarse da caixa rexistradora. O individuo arrincouna do seu lugar e marchouse correndo co seu cómplice.

A Policía puxo en marcha un dispositivo de procura e conseguiu localizar aos sospeitosos a poucos metros do lugar do atraco. Nese momento, un deles estaba forzado a caixa rexistradora, que contiña case 3.000 euros en efectivo. Ambos foron detidos e postos a disposición xudicial.

ÚLTIMAS

Allegue protesta polo acto de Caballero e Regades na ETEA: “Menuda propaganda sen convidar á Xunta”

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, denunciou este mércores...

Médicos de Atención Primaria maniféstanse en Vigo contra a sobrecarga laboral

Decenas de médicos de Atención Primaria de toda Galicia concentráronse este martes pola tarde...

O BNG de Vigo demanda un cambio radical ante a crise industrial e a emerxencia laboral na cidade

O BNG de Vigo reclamou á Xunta de Galicia e ao Concello un cambio...

Vigo volve mirar ao Mundial: Caballero anuncia novos pasos para ampliar Balaídos ata 43.000 espectadores

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este martes que “xa se están dando...