InicioPolíticaO BNG propón converter a fábrica de pintura abandonada de Teis nunha...

O BNG propón converter a fábrica de pintura abandonada de Teis nunha gran factoría de creación cultural

Pontón lamenta que "a luz cultural está a apagarse na cidade" e reivindica a lei que está a elaborar o BNG para apoiar ao sector

PUBLICADO O

- Advertisement -

O BNG presentou este venres a súa proposta para converter a antiga fábrica da Compañía Viguesa de Pinturas, no barrio de Teis, de titularidade municipal e abandonada desde hai anos, nunha gran factoría de creación cultural.

Así o trasladou o concelleiro e candidato nacionalista á Alcaldía de Vigo, Xabier Pérez Igrrexas, que puxo en valor a súa aposta por “volver dotar” á cidade de dinamismo cultural, fronte ás políticas de “desesertización cultural” do actual goberno municipal.

Tras manter un encontro con creadores culturais da cidade, no que tamén participou a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, o edil nacionalista presentou esta proposta recuperación dunhas instalacións que forman parte do patrimonio industrial da cidade, e que son do Concello desde 2001, sen que ata agora dar un uso.

O candidato explicou que a súa pretensión é converter ese espazo, onde “se crían matogueiras e roedores”, nun punto de creación cultural en todas as disciplinas, con residencias artísticas nacionais e internacionais, que poña un dos seus focos na lusofonía, con programación permanente, laboratorios experimentais, espazos de convivencia artística e para exibir “o enorme talento que latexa en Vigo”.

Tras constatar que, nos últimos anos, “desapareceron unha vintena de programas culturais” na cidade, Pérez Igrexas apostou por volver convertela nunha urbe “creadora”, e lembrou que “cando o BNG foi decisivo” no Concello, sempre se notou esa aposta pola cultura local.

LEI DE DEREITOS CULTURAIS

Pola súa banda, Ana Pontón lamentou que “a luz cultural está a apagarse” na cidade, cando Vigo sempre estivo á “vangarda” e tivo un papel importante na renovación e internacionalización cultural de Galicia.

Segundo subliñou, a cultura é “un intanxible do que non se pode prescindir” e puxo en valor a proposta da rehabilitación da fábrica de pinturas, seguindo o ronsel doutras iniciativas similares en localidades como Allariz (Ourense) ou Guimaraes (Portugal).

Así mesmo, subliñou que, ademais do apoio municipal, “a cultura tamén necesita máis apoio da Xunta”, e lembrou que esta industria supón lle 2 % do PIB galego e o 3 % do emprego. “Pero nos últimos anos de políticas do PP houbo unha asfixia do sector, con cada vez menos apoios e menos espazos”, denunciou.

Nese contexto, lembrou que o BNG está a traballar na elaboración dunha lei de dereitos culturais e sistema público cultural de Galicia, que teña como eixos centrais que “a cultura é un dereito”, que necesita “máis financiamento”, e que debe “redefinirse” o sistema institucional vinculado con este ámbito para apoiar a creadores, tecer unha industria máis potente e apoiar ao talento e a creatividade.

ÚLTIMAS

A xuíza acorda o arquivo da causa contra o detido na rúa Mestre Montes por agredir supostamente á súa nai cun garfio

A xuíza de instrución 2 de Vigo acordou o sobresemento e arquivo das actuacións...

Detidos dous homes na rúa Cánovas del Castillo por supostos roubos con forza no interior de 15 coches estacionados

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo detiveron a dous homes como presuntos autores de...

Detido na rúa Uruguai tras lesionar a unha viandante, á que golpeou cunha lata de cervexa, causándolle un corte na tempa

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 45 anos de idade, J.K.V.,...

O goberno de Vigo rexeita debater unha moción urxente sobre as festas

O grupo municipal do PSOE de Vigo rexeitou este luns debater unha moción de...