InicioSociedadeEstaleiros Armón e Ceferino de Blas, Medallas de Ouro Cidade de Vigo...

Estaleiros Armón e Ceferino de Blas, Medallas de Ouro Cidade de Vigo 2023

Entregaranse o próximo 23 de marzo

PUBLICADO O

- Advertisement -

Estaleiros Armón e o xornalista e cronista oficial da cidade, Ceferino de Blas (no seu caso, a título póstumo) recibirán este ano a Medalla de Ouro Cidade de Vigo, que se entregará no acto que se celebra con motivo da festividade da Reconquista, o próximo 23 de marzo.

Así o confirmou en rolda de prensa o alcalde da cidade, Abel Caballero, quen sinalou que este ano se recoñecerá o traballo da empresa de construción naval (que hai uns meses fíxose coas instalacións dos antiga Hijos de J. Barreras), especializada “en buques de altísima tecnoloxía e alto valor engadido”.

Por outra banda, este ano e de forma excepcional, entregarase outra Medalla de Ouro, neste caso ao xornalista, director durante anos de Faro de Vigo e cronista oficial da cidade, Ceferino de Blas, falecido o pasado 19 de febreiro.

ÚLTIMAS

Falece Gonzalo Caballero Álvarez, irmán do alcalde de Vigo e pai do exlíder do PSdeG e

Gonzalo Caballero Álvarez, pai do exsecretario xeral do PSdeG Gonzalo Caballero Míguez e irmán...

Un choque de dúas lanchas remata con dous feridos en Baiona

Dúas lanchas motoras chocaron este mércores no porto deportivo de Baiona e deixaron dúas...

A Universidade de Vigo aproba o convenio para descentralizar Medicina baixo a ameaza dunha “cláusula de saída”

O consello de goberno da Universidade de Vigo (UVigo) aprobou este martes por asentimento...

Dúas persoas feridas nun choque entre dúas lanchas motoras no porto de Baiona

Dúas persoas resultaron feridas este mércores ao chocar dúas lanchas motoras en Baiona, segundo...