InicioCulturaUns 1.800 escolares asistirán á representación de 'Cíclope'

Uns 1.800 escolares asistirán á representación de ‘Cíclope’

A montaxe utiliza os mitos clásicos para concienciar aos estudantes da importancia de realizar unha boa xestión das finanzas persoais

PUBLICADO O

- Advertisement -

Uns 1.800 alumnos de entre cuarto e sexto de Educación primaria de 28 centros escolares de Vigo e a súa comarca asistirán a cinco representacións previstas da obra de teatro ‘Cíclope’, que forma parte do programa de educación financeira que desenvolven Abanca e Afundación ao longo do curso.

Tal como indicou a entidade nun comunicado, este martes deron comezo as funcións no Teatro Afundación, que continuarán mércores e xoves. A produción tamén se porá en escena noutras seis localidades das catro provincias galegas ata o próximo 24 de marzo. En total, 6.450 nenos gozarán da actividade didáctica.

‘Cíclope’ é a cuarta obra de teatro do programa do banco e de obra social, despois de ‘Labirinto’, ‘Troia’ e ‘Dos contos ás contas’. Nesta ocasión, a montaxe utiliza os mitos clásicos para concienciar aos estudantes de 10 a 12 anos da importancia de realizar unha boa xestión das finanzas persoais.

ÚLTIMAS

O xefe da Policía Local de Vigo, novo investigado na causa polo accidente mortal do ‘Saltamontes’

O xefe da Policía Local de Vigo, Alberto Carballo, súmase á lista de persoas...

O temporal complica o tráfico aéreo en Vigo: voos desviados, cancelacións e avións que tiveron que regresar a orixe

O temporal que afecta estes días a Galicia tamén obrigou a cancelar e a...

O BNG de Vigo esixe un “cambio radical” no bus urbano ante a perda de 1,3 millóns de viaxeiros

O BNG de Vigo esixiu un "cambio radical" no modelo de transporte urbano da...

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...