InicioSociedadeGalardón de Viguesa Distinguida 2023 para a actriz María Castro

Galardón de Viguesa Distinguida 2023 para a actriz María Castro

Así o anunciou o alcalde, Abel Caballero, que indicou que a tamén actriz Mariana Carballal e os clubs deportivos Valladares e Racing de Castrelos formarán parte dos recoñecidos este ano.

PUBLICADO O

A actriz María Castro será galardoa como Viguesa Distinguida 2023 na gala que o Concello olívico celebrará o vindeiro xoves, día 23 de marzo, no Teatro Afundación.

Así o anunciou o alcalde, Abel Caballero, que indicou que a tamén actriz Mariana Carballal e os clubs deportivos Valladares e Racing de Castrelos formarán parte dos recoñecidos este ano.

O rexedor vigués reivindicou a “extraordinaria” carreira de María Castro, que comezou a facerse popular na famosa serie da Televisión de Galicia ‘Pratos Combinados’ e posteriormente participou noutras producións como ‘Sen tetas non hai paraíso’, ‘Vive cantando’ ou ‘Seis irmás’. Na actualidade traballa en ‘A promesa’ de TVE.

Pola súa banda, Caballero tamén destacou á docente, directora de teatro e actriz Mariana Carballal, cun importante papel como activista pola igualdade de xénero na cultura, que traballou en “multitude” de series de televisión e películas, ademais de ser profesora de Interpretación na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia.

Coincidindo coa celebración do seu centenario, os clubs de fútbol de Valladares e de Castrelos tamén serán Vigueses Distinguidos 2023.

ÚLTIMAS

Estudantes de Vigo e Monforte álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser "a primeira liña de...

O TSXG confirma a sentenza dun xulgado de Vigo que declaraba legal a prórroga do servizo municipal de auga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza ditada en 2022...