InicioEconomíaA Zona Franca de Vigo anima aos empresarios do Carballiño que presenten...

A Zona Franca de Vigo anima aos empresarios do Carballiño que presenten os seus proxectos no Consorcio

O delegado de Estado na Zona Franca, David Regades, di que están á espera da posta en marcha dunha nova fase de ampliación do Parque Empresarial existente.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O delegado de Estado na Zona Franca, David Regades, desprazouse ata o Concello ourensán do Carballiño para ter unha reunión co rexedor municipal, Francisco Fumega, e xuntos manter un encontro con empresarios do municipio para animalos a presentar os seus proxectos ao Consorcio.

“Os instrumentos da Zona Franca están ao servizo das empresas para crear emprego”, expuxo Regades subliñando que esta reunión é un exemplo de que “pode pedirse este tipo de encontros para coñecer que ofrece o consorcio”. Así, indicou que as ferramentas van desde a identificación de chan empresarial, o apoio de capital risco coa sociedade Vigo Activo, ata programas de aceleración de proxectos empresariais e internacionalización.

Antes de reunirse cos empresarios, Regades mantivo un encontro co goberno local coñecendo os plans do mesmo para a ampliación do chan empresarial, que na actualidade atópase, segundo explicou o alcalde, Francisco Fumega, “practicamente esgotado”.

Así pois, están á espera da posta en marcha dunha nova fase de ampliación do Parque Empresarial existente, incluído nas novas áreas empresariais de Galicia, cunha superficie dun 1.500.000 metros cadrados, que se estenderán polos concellos do Carballiño e Maside.

“Estamos ante unha iniciativa que permite reforzar o tecido empresarial do concello e posibilita o afianzamento e a expansión do mesmo, a través duns mecanismos que xa dan os seus froitos noutros municipios galegos”, celebrou Fumega quen ademais chegou a acordos con Regades para que a Zona Franca poida “dar apoio técnico” ao Carballiño.

Tras a reunión institucional, na sala de plenos do consistorio o delegado de Estado da Zona Franca e o rexedor municipal reuníronse con representantes de empresas de diferentes sectores do municipio, que se interesaron especialmente polas ferramentas de financiamento do Consorcio, o acceso a apoios para a internacionalización ou as características do chan franco.

ÚLTIMAS

A xuíza acorda o arquivo da causa contra o detido na rúa Mestre Montes por agredir supostamente á súa nai cun garfio

A xuíza de instrución 2 de Vigo acordou o sobresemento e arquivo das actuacións...

Detidos dous homes na rúa Cánovas del Castillo por supostos roubos con forza no interior de 15 coches estacionados

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo detiveron a dous homes como presuntos autores de...

Detido na rúa Uruguai tras lesionar a unha viandante, á que golpeou cunha lata de cervexa, causándolle un corte na tempa

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 45 anos de idade, J.K.V.,...

O goberno de Vigo rexeita debater unha moción urxente sobre as festas

O grupo municipal do PSOE de Vigo rexeitou este luns debater unha moción de...