InicioVigo e contornaVigoMarea de Vigo cualifica o túnel de Porta do Sol como a...

Marea de Vigo cualifica o túnel de Porta do Sol como a “Cidade da Cultura, versión Abel Caballero”

O portavoz do grupo, Rubén Pérez Correa sinalou que, o atraso nas obras e as modificacións, pon de manifesto que "o túnel non era necesario para peonalizar".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O grupo municipal Marea de Vigo criticou este venres a “improvisación” e o gasto público no proxecto de construción dun túnel baixo a porta do Sol, tras varios incrementos de custos, e comparou o proxecto coa “Cidade da Cultura”, aínda que “versión Abel Caballero”.

O portavoz do grupo, Rubén Pérez Correa sinalou que, o atraso nas obras e as modificacións, pon de manifesto que “o túnel non era necesario para peonalizar a porta do Sol”, que leva anos pechada totalmente ao tráfico.

Horas despois de que Abel Caballero confirmase a modificación do proxecto para ampliar o túnel proxectado ata Torrecedeira (cun sobrecusto de 3,2 millóns de euros, que se suma a outros incrementos anteriores polo encarecemento dos materiais de obra), Marea de Vigo ha denuciado a “improvisación” no proxecto, no que, do mesmo xeito que na Cidade da Cultura, “entérranse” millóns de diñeiro público en lugar de “reformularse” a actuación.

Pérez Correa referiuse a estes sobrecustos, ás actuacións de peche e apertura das obras para permitir celebracións (como o Nadal ou a Reconquista), e ao feito de que o goberno local “non avaliou de forma rigorosa as alternativas ao túnel en materia de mobilidade”, por iso comparou o proxecto coa actuación no Gaiás compostelán.

Segundo advertiu Rubén Pérez, o túnel de Porta do Sol “sempre foi un gran erro” porque “non resolve ningunha cuestión ligada á mobilidade sustentable, metendo o tráfico baixo terra” e, ademais, cunhas “complexidades técnicas” que implican modificacións e problemas constantes na execución.

Por outra banda, o portavoz de Marea advertiu de que a prolongación do túnel ata Torrecedeira e Barrio do Cura “sería unha modificación que requiriría dunha nova licitación”, porque os custos dese cambio quedan fóra das marxes reflectidas no contrato actual. Eses cambios afectarían tamén, asegurou, á petición de fondos europeos para o financiamento do proxecto.

ÚLTIMAS

Unha mestra menos, 180 escolares e unha comunidade en pé: o conflito educativo que sacode Vigo

Aprender a quitar o abrigo, pedir axuda para ir ao baño, expresar unha necesidade...

Só catro destinos desde Peinador: o PP acusa a Aena e Abel Caballero de “acabar” co aeroporto de Vigo

Un aeroporto é moito máis que unha infraestrutura de transporte. As súas conexións condicionan...

Un exprofesor do Colexio Montecastelo de Vigo, entre os falecidos no accidente ferroviario de Urda

O Colexio Montecastelo de Vigo lamentou nas últimas horas o falecemento de Carlos Ortiz,...

‘Contra o negacionismo da violencia machista’, lema dos actos do 25N en Vigo

O Concello de Vigo presentou este luns a súa programación con motivo do 25N,...