InicioVigo e contornaVigoO comité de Vitrasa convoca tres días de folga coincidindo coa Reconquista

O comité de Vitrasa convoca tres días de folga coincidindo coa Reconquista

Ademais, o comité anunciou que levará a cabo unha manifestación o venres, 31 de marzo, que sairá desde o cruzamento dos Choróns ata a Praza de Compostela a partir das 19,30 horas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O comité de empresa de Vitrasa, a concesionaria do transporte urbano do Concello de Vigo, convocou tres xornadas de folga os próximos 31 de marzo e 1 e 2 de abril, coincidindo coa festa da Reconquista na cidade olívica.

Tal como indicaron os representantes dos traballadores, o obxectivo é negociar un novo convenio colectivo “digno”, despois de levar varios meses con paros parciais ao non chegar a un acordo coa compañía.

Ademais, o comité anunciou que levará a cabo unha manifestación o venres, 31 de marzo, que sairá desde o cruzamento dos Choróns ata a Praza de Compostela a partir das 19,30 horas.

Por outra banda, tamén sinalou que o goberno local púxose en contacto cos representantes sindicais para ofrecerlles unha reunión coa empresa na que os responsables municipais exercerían de mediación. “Isto abre unha posibilidade de atopar unha solución ao conflito no caso de que as partes asinen un acordo”, dixeron desde o comité, aínda que manteñen a “cautela”.

“Non temos moitas expectativas con respecto a esta reunión, xa que hai 10 días a propia empresa reiteraba que non ía negociar nada connosco”, sostiveron os delegados da CIG no comité de Vitrasa. Por iso, deixaron claro que as protestas só cesarán no caso de que se asine un acordo, que terá que ser aprobado en asemblea polo cadro do persoal.

Todo iso despois de que o comité pedise durante meses que o Concello mediase no conflito, ao tratarse dunha concesionaria municipal. Con todo, en reiteradas ocasións o goberno local asegurou que non é a súa función intervir nun conflito laboral entre unha empresa e os seus traballadores.

ÚLTIMAS

A acampada pola vivenda de Vigo retirará as tendas a partir do 15 de novembro

A Acampada pola vivenda de Vigo, asentada desde o 12 de outubro na Alameda,...

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...