Parte da Avenida de Samil será humanizada polo Concello de Vigo despois do verán por 1,8 millóns

A idea do goberno local é converter esta zona nun "tramo urbano", polo que contará con beirarrúas a ambos os dous lados da vía, xa que na actualidade só dispón delas na marxe que está pegado á praia.

Recreación dp proxecto de bulevar de Avenida de Europa, entre Tomás Paredes e Samil / Concello de Vigo.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este xoves que o Concello iniciará despois do verán a fase 1B das obras de recuperación do sistema dunar da praia de Samil, que nesta ocasión consistirán na humanización de parte da avenida do devandito areal.

En concreto, segundo informou o rexedor, estas obras afectarán a uns 450 metros de vía desde a praia de la Fuente ata o acceso á pista de patinaxe e suporán un investimento duns 1,8 millóns de euros.

A idea do goberno local é converter esta zona nun “tramo urbano”, polo que contará con beirarrúas a ambos os dous lados da vía, xa que na actualidade só dispón delas na marxe que está pegado á praia.

Así, construirase unha beirarrúa de seis metros de ancho preto do paseo do areal e de 2,5 metros de ancho no lado pegado ao monte. Tamén se situarán aparcadoiros para coches na zona e acondicionarase a estrada con novo pavimento e luces LED, entre outros elementos.