InicioSociedadeMiles de persoas piden o fin da "barbarie machista" nas rúas de...

Miles de persoas piden o fin da “barbarie machista” nas rúas de Vigo

Desde a organización rexeitan as políticas do medo que poñen o foco nas vítimas

PUBLICADO O

- Advertisement -

Miles de persoas percorreron este mércores as rúas de Vigo clamando pola igualdade real entre homes e mulleres e pedindo o fin da “barbarie machista” con motivo do Día Internacional das Mulleres, que se conmemora este 8 de marzo.

Convocada por Feminismo Unitario de Vigo, a manifestación partiu ás 20,00 horas da praza de España rumbo á Porta do Sol, pasando polas rúas Gran Vía, Urzaiz, Colón e Policarpo Sanz.

Presidida por unha pancarta que rezaba ‘Ante a barbarie machista, máis loita feminista’, as participantes percorreron a cidade nunha animada concentración que estivo chea de cánticos e ritmo, xa que contou coa participación dun grupo de batucada.

Con berros de ‘Deixa pasar, son feminista e o mundo vou mudar’ ou ‘Aquí está, aquí se ve, o feminismo galego en pé’, miles de persoas, na súa maioría mulleres, solicitaron “o fin do patriarcado”. ‘Agora que estamos xuntas, agora que se nos ve, abaixo o patriarcado que vai caer, arriba o feminismo que vai vencer’  foi outro dos cánticos máis escoitados na manifestación.

REXEITAMENTO ÁS POLÍTICAS DO MEDO

Precisamente desde a organización, Priscila Retamozo, destacou a unidade do feminismo, centrándose nas “moitísimas cousas que unen ás mulleres” e subliñando que as diferenzas “non teñen por que ser algo malo, senón todo o contrario”.

Ela criticou as políticas do medo e que se poña o foco nas accións das mulleres, no lugar de culpar aos agresores. “Realmente os que agriden e os únicos responsables das agresións son os agresores“, reivindicou, pedindo unha educación que se centre na igualdade.

Ao final da marcha, Antía Mariño e Marta Alonso leron un manifesto no cal defenderon que o feminismo ten “as ferramentas e o espírito” necesario para acabar con todas as violencias xeradas polo “patriarcado”.

“Esiximos unha sociedade onde a plena igualdade sexa unha realidade, onde a violencia e as inxustizas que sufrimos as mulleres, polo mero feito de selo, sexan inconcibibles”, subliñaron.

Elas centráronse tamén no rexeitamento ás políticas do medo, que pon o foco nas vítimas e as revictimiza, facéndoas responsables da violencia. “As feministas non queremos que nos poñan cámaras nin camiños seguros. Non queremos decálogos de comportamento que nos mostran como vestir e estar de noite para que non nos pase nada. Queremos mulleres libres nunha terra liberada”, sentenciaron.

ÚLTIMAS

A acampada pola vivenda de Vigo retirará as tendas a partir do 15 de novembro

A Acampada pola vivenda de Vigo, asentada desde o 12 de outubro na Alameda,...

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...