InicioSucesosDetido por agarrar do pescozo e tirar ao chan a súa exparella...

Detido por agarrar do pescozo e tirar ao chan a súa exparella na rúa

O suceso ocorreu cando a veu en compañía doutro home

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un veciño da cidade, C.R.R., de 45 anos de idade, como presunto autor dun delito de violencia de xénero, tras agredir á súa exparella en plena rúa, ao vela en compañía doutro home.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron na noite deste mércores, cando o 092 recibiu un aviso para acudir á rúa Salvaterra, onde testemuñas viran a un home agredir a unha muller e tirala ao chan.

Ao chegar ao lugar, a vítima saíu ao encontro dos axentes, e relatoulles que se atopaba na rúa acompañada por un home, cando ambos se cruzaron ao suposto agresor, que fora parella dela durante 6 anos.

Ao vela acompañada, iniciou unha discusión e encarouse co outro home. Cando a muller tratou de separalos, a súa exparella agarrouna polo pescozo e tirouna ao chan.

ÚLTIMAS

Vigo humanizará os accesos á ermida da Guía

A xunta de goberno local de Vigo aprobará este venres a humanización dos accesos...

O PP de Vigo esixe a revisión urxente dos danos causados polos temporais na cidade

O PP de Vigo reclamou ao goberno municipal que proceda a revisar "canto antes"...

O ADN dá un xiro ao crime do Porriño: arquivada provisionalmente a causa contra o único investigado polo asasinato de Judith M.G.

As probas de ADN realizadas polo Instituto Nacional de Toxicoloxía no marco da investigación...

Vigo reorganiza o Entroido polo mal tempo e avisa: “Que treme Río de Janeiro”

O Concello de Vigo actualizou a súa programación de Entroido debido ás condicións meteorolóxicas...