InicioMedio Ambiente e PatrimonioPatrimonio autoriza a urbanización da Xunta en Navia e non atopa o...

Patrimonio autoriza a urbanización da Xunta en Navia e non atopa o hórreo catalogado

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural informou favorablemente ao Concello de Vigo sobre o expediente de urbanización do polígono 1 do Plan Parcial do barrio vigués de San Paio de Navia, que desenvolve a Xunta de Galicia.

Tal como indicou o Goberno autonómico, desta maneira Patrimonio responde afirmativamente o proxecto, que permitirá ampliar ao polígono. Esta zona é unha das tres coas que contará a ampliación de Navia.

Para Patrimonio, a urbanización “non implica maiores afectacións patrimoniais” que o traslado dalgún elemento a unha zona verde central do polígono, o que considera “apropiado” a efectos de protección deste ben.

Ademais, respecto dun hórreo catalogado, foi necesario o uso dun dron para determinar o seu estado, dada a inaccesibilidade. “Isto serviu para constatar que o elemento non se atopa xa en pé“, indicou, polo que no caso de que se localice deberase proceder á súa incorporación á urbanización.

ÚLTIMAS

San Simón

​O exitoso lanzamento da película "San Simón" volveu poñer na axenda os crimes do...

Esquerda Unida apoia declarar o aeroporto de Peinador como Lugar de Memoria Democrática

Esquerda Unida de Vigo mostrou o seu apoio á solicitude de Sumar para que...

Aparece con vida e a 400 metros da súa casa o home desaparecido o luns no Porriño

Un veciño de 67 anos que faltaba do seu domicilio desde o mediodía do...

Multa de 2.000 euros a un matrimonio por educar ao seu fillo de nove anos en casa en Gondomar

O Xulgado do Penal número 1 de Vigo condenou a pagar 1.080 euros a...