InicioPolíticaA Deputación cifra en 69 millóns o investimento en municipios da comarca...

A Deputación cifra en 69 millóns o investimento en municipios da comarca desde 2016

Carmela Silva destacou a mellora do Castelo de Soutomaior

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Deputación de Pontevedra investiu 69 millóns de euros, desde 2016, en sete municipios da comarca de Vigo (sen contar a urbe olívica), onde se realizaron case 700 obras, unhas 2.400 actividades socioculturais e xeráronse máis dun milleiro de empregos.

Este é o balance presentado este martes pola presidenta da institución provincial, Carmela Silva, nun almorzo con medios informativos, no que debullou os investimentos e actuacións en Redondela (por 14,4 millóns de euros), Fornelos de Montes (6,2 millóns), Mos (11,7 millóns), O Porriño (13,8 millóns), Pazos de Borbén (4,9 millóns), Salceda de Caselas (9,5 millóns) e Soutomaior (6,7 millóns).

Segundo subliñou a presidenta da Deputación, eses 69 millóns de euros supoñen “un 87 % máis do que investía o PP” nestes municipios. Respecto diso, reiterou que o goberno provincial que ela preside impulsou “unha transformación como nunca se viu”, con investimentos “estables”, aprobadas “con criterios obxectivos”, e independentemente da cor política dos gobernos municipais.

Carmela Silva repasou as principais actuacións financiadas pola Deputación nos municipios da comarca de Vigo, e fixo fincapé na rehabilitación da contorna do Castelo de Soutomaior e a súa musealización, cun investimento de 1,8 millóns, aos que se sumarán novos fondos para facer “un cambio radical na súa iluminación”.

Por outra banda, reivindicou o esforzo da Deputación para modernizar todos os municipios a través do Plan Concellos, con actuacións “tranformadoras”; así como outros plans extraordinarios para destinar fondos aos concellos e permitir, entre outras actuacións, a reforma da biblioteca de Mos.

A presidenta da Deputación referiuse tamén ás melloras na rede provincial de estradas, a actuacións no ámbito turístico e cultural, apoio á administración electrónica, iniciativas de fomento de emprego e emprendimiento, do ámbito dos deportes, da transición ecolóxica ou da cohesión social.

ÚLTIMAS

Volven prender lume en Chandebrito oito anos despois da traxedia na que morreron dúas persoas

Un lume forestal que comezou onte á noite en Chandebrito (Nigrán) queimou 0,73 hectáreas...

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...