InicioPolíticaZona Franca asinará co Concello de Caldas un convenio para o polígono...

Zona Franca asinará co Concello de Caldas un convenio para o polígono de Carracedo

Acordaron poñer tamén en marcha o estudo de viabilidade

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Zona Franca de Vigo apoiará ao Concello de Caldas de Reis (Pontevedra) no desenvolvemento do polígono empresarial de Carracedo, polo que este luns o delegado do Estado, David Regades, e o alcalde, Juan Manuel Rey, acordaron pór en marcha o estudo de viabilidade e a firma dun convenio para o desenvolvemento desta zona.

“Zona Franca pode axudar ao Concello a enfocar as súas necesidades de chan porque temos unha experiencia de 75 anos desenvolvendo parques empresariais, que deron como resultado 8 millóns de metros cadrados para as empresas”, reivindicou Regades.

Pola súa banda, Juan Manuel Rey destacou o “interese enorme” do Concello polo desenvolvemento desta zona industrial. “Arrincaremos cun estudo de viabilidade que xa imos pór en marcha”, engadiu.

Nun comunicado, Zona Franca puxo en valor que o polígono de Carracedo dispón dun millón de metros cadrados e ten unha localización “central” no Eixo Atlántico, con acceso directo á AP-9, liña de alta tensión a 500 metros, gasoduto e infraestrutura ferroviaria próxima.

ÚLTIMAS

Investigado un veciño de Vigo por malos tratos animais tras localizar a un cabalo con varias feridas

O Equipo de Seprona da Garda Civil de Pontevedra investiga a un home, veciño...

Vigo reorganiza o Entroido polo mal tempo e avisa: “Que treme Río de Janeiro”

O Concello de Vigo actualizou a súa programación de Entroido debido ás condicións meteorolóxicas...

O xefe da Policía Local de Vigo, novo investigado na causa polo accidente mortal do ‘Saltamontes’

O xefe da Policía Local de Vigo, Alberto Carballo, súmase á lista de persoas...

O temporal complica o tráfico aéreo en Vigo: voos desviados, cancelacións e avións que tiveron que regresar a orixe

O temporal que afecta estes días a Galicia tamén obrigou a cancelar e a...