InicioSociedadeReyes Díaz Lambarri, nova directora de Procesos de Soporte do Sergas na...

Reyes Díaz Lambarri, nova directora de Procesos de Soporte do Sergas na área Sanitaria de Vigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

Reyes Díaz Lambarri é a nova directora de Procesos de Soporte do Servizo Galego de Saúde (Sergas) na área Sanitaria de Vigo, despois de que este venres o Diario Oficial de Galicia (DOG) publicase a resolución da convocatoria pública para cubrir este posto directivo.

Tratábase dunha convocatoria polo sistema de libre designación deste posto, de conformidade co establecido no decreto de provisión de prazas de persoal estatutario do Sergas. Díaz Lambarri foi directora da Atención Primaria de Vigo desde finais de 2020 ata que abandonou o posto a comezos deste ano por decisión persoal. Tras pasar pola base medicalizada do 061 en Ourense, toda a súa carreira estivo ligada á Atención Primaria na área viguesa.

Díaz Lambarri exerceu como médico de familia no centro de saúde de Rosalía de Castro e no Punto de Atención Continuada (PAC) de Vigo e tras iso ostentou varios cargos dentro do Sergas.Precisamente tamén este venres o Sergas anunciou a convocatoria pública para a provisión do posto de director de Atención Primaria da área Sanitaria de Vigo.

ÚLTIMAS

O Heraldo do Desconcerto: A Pinta en Baiona

O horizonte de Baiona, aquel 1 de marzo de 1493, non agardaba milagres. O...

Vigo humanizará os accesos á ermida da Guía

A xunta de goberno local de Vigo aprobará este venres a humanización dos accesos...

O PP de Vigo esixe a revisión urxente dos danos causados polos temporais na cidade

O PP de Vigo reclamou ao goberno municipal que proceda a revisar "canto antes"...

O ADN dá un xiro ao crime do Porriño: arquivada provisionalmente a causa contra o único investigado polo asasinato de Judith M.G.

As probas de ADN realizadas polo Instituto Nacional de Toxicoloxía no marco da investigación...