InicioSucesosDetido por agredir á súa parella para sacarlle o teléfono móbil

Detido por agredir á súa parella para sacarlle o teléfono móbil

A muller recoñeceu aos axentes que non era a primeira vez que este exercía violencia física sobre ela

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un veciño da cidade, A.P.B., de 48 anos de idade, como presunto autor dun delito de violencia de xénero, tras agredir supostamente á súa parella para lograr arrebatarlle o teléfono móbil.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron pouco despois do mediodía do pasado martes, cando unha testemuña alertou ao 092 despois de presenciar unha agresión dun home a unha muller, no interior dun coche que estaba na rúa Troncoso.

Unha dotación trasladouse ao lugar e entrevistouse coa muller, que relatou aos axentes que a súa parella lle esixiu que lle entregase o teléfono móbil. Ela negouse e, segundo a súa versión, o home arrincoullo de vez (levábao colgado do pescozo), propinándolle un golpe no brazo e zarandeándoaa.

A muller tamén recoñeceu aos policías que levaba 3 anos de relación con esa persoa e que non era a primeira vez que este exercía violencia física sobre ela. Pola súa banda, o home que a agrediu, aínda que si recoñeceu que lle arrincou o teléfono do pescozo porque a muller se negaba a entregarllo.

A versión da muller foi verificada pola testemuña que chamou ao 092, polo que os axentes procederon á detención do home como presunto autor dun delito de violencia de xénero.

ÚLTIMAS

Vigo humanizará os accesos á ermida da Guía

A xunta de goberno local de Vigo aprobará este venres a humanización dos accesos...

O PP de Vigo esixe a revisión urxente dos danos causados polos temporais na cidade

O PP de Vigo reclamou ao goberno municipal que proceda a revisar "canto antes"...

O ADN dá un xiro ao crime do Porriño: arquivada provisionalmente a causa contra o único investigado polo asasinato de Judith M.G.

As probas de ADN realizadas polo Instituto Nacional de Toxicoloxía no marco da investigación...

Vigo reorganiza o Entroido polo mal tempo e avisa: “Que treme Río de Janeiro”

O Concello de Vigo actualizou a súa programación de Entroido debido ás condicións meteorolóxicas...