InicioSociedadeDrones para o mantemento de parques eólicos mariños

Drones para o mantemento de parques eólicos mariños

O proxecto aborda a problemática de mantemento nos parques eólicos

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un equipo liderado pola Universidade de Vigo e con participación da Universidade da Coruña e do Centro Avanzado nas Tecnoloxías Aeroespaciais Catec traballa desde o pasado mes de novembro no proxecto Eagle, de dixitalización do espazo aéreo e mariño, para o despregamento de drones aplicados ao mantemento de parques eólicos ‘offshore’.

A iniciativa está coordinada por Higinio González e Elena Martín, cos equipos da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo, e do novo Instituto de Física e Ciencia Aeroespacial do campus de Ourense.

Estes científicos explicaron que Eagle céntrase en abordar a problemática das operacións de mantemento nos parques eólicos que están instalados no mar, tendo en conta que se trata dun modelo de xeración de enerxía que vai en aumento e no que Galicia ten “gran potencial”.

“As aeronaves non tripuladas poden contribuír tanto na inspección da infraestrutura como na realización de operacións de tipo loxístico”, sinalaron os responsables do proxecto que recoñecen, no entanto, que esa actuación non está exenta de dificultades, como a aterraxe e despegamento sobre plataformas flotantes ou os voos próximos a estruturas como aeroxeradores.

No proxecto estúdanse, entre outros aspectos, a influencia da meteoroloxía en operacións de escala pequena; a interacción dos drones coas estruturas flotantes, as turbinas ou os barcos de apoio; a planificación de rutas; ou a normativa aeronática aplicable.

ÚLTIMAS

Stellantis Vigo e sindicatos acordan un ERE voluntario para un máximo de 80 traballadores e un ERTE de ata 75 xornadas

Tras varias xornadas de negociacións, a dirección da planta viguesa do grupo automobilístico Stellantis...

As redes sociais e a súa influencia na percepción da corrupción política: unha análise do caso galego

A relación entre as redes sociais e a percepción da corrupción política é un...

A Nubeira, novo centro social en Vigo para o tecido asociativo da cidade

O Centro Social A Nubeira comezará a súa actividade este sábado 15 de febreiro....

A mellor “xogada do Celta” non foi só na remontada contra o Betis

O paso dos neofascistas seareiros do Betis deron que falar ese fin de semana...