InicioSucesosDetida tras ameazar cun coitelo e golpear cun bate ao seu exmozo

Detida tras ameazar cun coitelo e golpear cun bate ao seu exmozo

A sospeitosa admitiu que os golpeara cun bate

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo, nun operativo con apoio da Policía Nacional, detiveron a unha muller. A.L.F., de 39 anos de idade, como suposta autora dun delito de violencia no ámbito familiar, tras ameazar e golpear ao seu exparella e a un compañeiro de piso deste.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron na tarde do pasado domingo, cando unha persoa informaba ao 092 de que unha muller entrara na súa casa empuñando un coitelo, rompendo todo o que se atopaba e ameazando aos moradores da vivenda, no Camiño da Garrida.

Unha vez no lugar, os axentes entrevistáronse cunha das supostas vítimas, que relatou que a muller era a súa exparella, coa que finalizara a relación debido aos malos tratos que ela lle dispensaba. Así, mostrou aos policías arañazos nos brazos e explicou que ese día, a muller ameazáralles de morte a el e ao seu compañeiro de piso, facendo ademán de cravarlles un coitelo.

A sospeitosa atopábase no lugar e non só recoñeceu as ameazas, senón que tamén admitiu que golpeara aos dous cun bate. Por estes feitos, procedeuse á súa detención como suposta autora dun delito de violencia no ámbito familiar.

ÚLTIMAS

“Levo ao voso equipo en espírito!”… Madonna aínda ten a camisola do Celta

Madonna respondeu, 72 horas despois, á chamada do Real Club Celta de Vigo na...

O AVE Vigo-Lisboa podería estar rematado en 2033

O primeiro ministro de Portugal, Luís Montenegro, destacou que a liña de alta velocidade...

O padroado do Ifevi presenta unha nova tasación das instalacións para avanzar na súa xestión compartida

O padroado do Ifevi trasladou este venres á Xunta, ao Concello de Vigo e...

Abel Caballero denuncia un “ataque frontal” de Rafael Louzán contra a candidatura de Vigo para o Mundial 2030

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este venres que o presidente da Real...