InicioSucesosDesarticulan unha organización que manipulaba ruletas de salóns de xogo e actuou...

Desarticulan unha organización que manipulaba ruletas de salóns de xogo e actuou en Redondela

Conseguirían máis de 500.000 euros mediante o hackeo das ruletas

PUBLICADO O

Axentes da Policía Nacional desarticularon un grupo criminal dedicado a manipular ruletas de salóns de xogo en conivencia con empregados dos establecementos. Os axentes detiveron a un total de seis persoas, cinco en Málaga capital e no municipio malagueño de Alhaurín de la Torre, e un sexto integrante, xefe da trama, en Madrid.

Así, tras a operación, esclarecéronse cinco roubos en casas de apostas de Málaga, Fuengirola (Málaga), Murcia, Redondela e Madrid. A organización conseguiría máis de 500.000 euros mediante o hackeo das ruletas, informou a Policía Nacional nun comunicado.

A operación ‘Game’, levada a cabo por axentes adscritos a Policía Xudicial da Comisaría de Fuengirola, permitiu desarticular un grupo criminal, de carácter itinerante e, como froito diso, esclarecer un cúmulo de roubos con forza e estafas en salóns de xogo, en varias provincias.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...

Interceptado un mergullador sen os equipos obrigatorios e sen licenza de pesca

A Policía Local interceptou o pasado martes en Vigo a un mergullador que non...